lunes, 20 de enero de 2025

OBRADOIRO "RADIO CUN SORRISO"

Os micros da Radio Xesteira están preparados para acoller o obradoiro "Radio cun sorriso" no que traballarán os cursos de 3º a 6º de Educación Primaria e todos os nivieis da ESO.

A radio convértese en ferramenta de aprendizaxe e cambio social acompañados pola ONG Agareso e polo profesorado de Lingua galega e literatura, titorías, EDLG e Orientación.

A aula de Ferraganchos convértese en espazo de encontro e traballo colaborativo para achegármonos á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) desde a comunicación, o diálogo e a reflexión.


Imaxe do espazo da radio escolar no centro.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fíos, agullas e tecnoloxía: seguimos aprendendo!

Esta semana, as participantes do itinerario de Polos creativos do PFPP xuntáronse para intercambiar coñecementos e dar os primeiros pasos no...