lunes, 28 de noviembre de 2022

A TECNOLOXÍA ACHEGA A ARTE CONTEMPORÁNEA AO CPI VIRXE DA CELA


    Diario de Ferrol. Luns 28 novembro 2022. La realidad virtual llegará entre el 18 de abril y el 8 de mayo del próximo año a O Xestal, en el municipio de Monfero. Lo hará con el fin de acercar la cultura, concretamente el arte contemporáneo, a los escolares del CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Y es que el centro monferés ha sido uno de los ocho seleccionados en Galicia por la Fundación María José Jove (FMJJ) para participar en la segunda edición de su programa “El Museo Virtual (MUV) en la escuela rural”. Lo hará junto a los centros CRA Ponte da Pedra (Carballo), CEIP Plurilingüe Concepción López Rey (Baleira, A Fonsagrada), CEIP Plurilingüe Monte Baliño (Ferreira de Pantón); CRA Plurilingüe de Vilaboa, CEIP Xoaquín Loriga (Prado, Lalín), CEIP Plurilingüe dos Blancos (Os Blancos) y CEIP Castrelo De Miño.

    La entidad llevará entre noviembre de este año y junio de 2023 su MUV a las escuelas rurales, donde permanecerá tres semanas. El objetivo es “eliminar alguno de los obstáculos a los que estos colegios se enfrentan día a día”. Así las cosas, el alumnado y profesorado podrán visitarlo e implementar los recursos creados durante la formación a través de un ordenador y unas gafas de realidad virtual –que la fundación cederá a los centros para este fin–.

    El Museo Virtual de la FMJJ se puso en marcha en 2021 como plataforma digital de apoyo a la creación y difusión artística. Se trata de una iniciativa pionera en el panorama museístico internacional al haber sido concebida “como una estructura de intercambio que facilitará la conexión desde Galicia entre artistas, comisarios, investigadores y entidades culturales de todo el mundo”, apunta la fundación.

    La directora del Virxe da Cela, María del Camino Pereiro, explica que conocieron la iniciativa a través de una madre de un alumno del primer curso de Primaria. Indica que para el centro supone “poder contar con el arte de forma vivencial sin tener que asumir las barreras de distancia y de los elevados costes de traslado a un museo que enriquece y da valor al arte contemporáneo”.

    Pereiro hace hincapié en el hecho de que el MUV cuenta con unas propuestas de trabajo adaptadas al nivel madurativo del alumnado, permitiendo desarrollar su creatividad y sus habilidades de pensamiento, de dialogo y reflexión. “Eso, sin dejar de lado la oportunidad de compartir experiencias y oportunidades con centros de otras realidades de nuestra Comunidad, unidas por su configuración identitaria apegada al medio rural.”, añade.

    “Iniciativas como esta suponen entender las diferentes versiones de nuestra realidad como Comunidad, diversa y rica. Da igual en qué contexto nos situemos, rural o urbano. La cultura es un bien común que enriquece y  que necesita de conocimiento y valoración”, asevera la directora del centro monferés.

La tecnología acerca el arte contemporáneo al CPI Virxe da Cela de Monfero

jueves, 10 de noviembre de 2022

A MAXIA DA ROBÓTICA

O pasado día 9 de novembro de 2022, un grupo de alumnos/as de 3º e 4º da ESO do CPI Virxe da Cela participaron no  XIII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica, que tivo lugar no espazo Ágora (A Coruña). A través dunha serie de desafíos de dificultade progresiva foron quen de ir superando retos de programar un robot Lego EV3·. 





martes, 8 de noviembre de 2022

A RADIO ESCOLAR COMO FERRAMENTA DE CAMBIO SOCIAL

 Un grupo de profesores/as de todos os niveis educativos do CPI Plurilingüe Virxe da Cela recibiron o martes 8 novembro de 2022 unha formación en radio escolar impartida por Verónica Couto, de AGARESO (Asociación Galega de comunicación para o cambio social). Nesta formación Verónica Couto achegou á radio tanto na súa vertente técnica (mesa de misturas, altavoces, programas de edición de audio, guión, escaleta, xéneros radiofónicos, etc), como da súa vertente pedagóxica (a radio como ferramenta educativa e para o cambio social).







-Enlace á páxina de Agareso onde se explica o proxecto no que se englobou a formación : https://www.agareso.org/es/que-hacemos/proyectos-educativos/radio-escolar-irpf-es/
-Guía didáctida do programa con alumnos para combater o discurso do odio: 

GuiaRadioEscolar Final by veracruces on Scribd

sábado, 22 de octubre de 2022

INICIAMOS A RADIO NESTE CURSO 2022-2023

Hoxe dan comezo os obradoiro de radio no CPI Virxe da Cela. Un novo curso para contar coa axuda de Sergio Pascual, Laboratorio Radiofónico, que acudirá periódicamente ao centro para ensinar aos alumnos de EI e EP a traballar neste medio tan enriquecedor. Nesta data de inicio os primeiros en visitar a nosa aula Ferraganchos, espazo onde se desenvolverá o proxecto da radio, foron os nenos e nenas de 1º EP, acompañados polo seu titor Iker. Destacamos a participación do alumnado que cursa a materia de Educación Dixital en 3º da ESO, alumnos/as que no pasado xa tiveron a oportunidade de traballar no medio radiofónico, e que de maneira puntual colaborarán como axudentes de Sergio Pascual na parte técnica.





sábado, 28 de mayo de 2022

SuperFinal SuperReto Digicraft 2022: Alumnado seleccionado para participar na final

 

SUPERfinal do Reto DigiCraft 2022

Fai unhas semanas  recibíamos unha boa nova, comunicábasenos que o noso centro fora seleccionado para participar na fase final autonómica do SuperReto DigiCraft 21-22 que se celebrou o mércores 11 de maio nunha xornada incluída no contexto do I Congreso DixInnova 2022 organizada a Consellería de Cultura, Educación e Universidade no Edificio Fontán, Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Un Superreto que consistía en crear de xeito colaborativo unha maqueta que permitira solucionar un dos seguintes problemas do planeta: a extinción das especies, a contaminación en calquera  das súas formas ou problemas forestais.

Toda a etapa de Ed. Primaria colaborou, pensou e enviou os vídeos cos seus proxectos. 

Cal foi a súa consecuencia? 

Convocáronnos en Santiago de Compostela para presentar 3 proxectos representando a todo o alumnado do colexio. 

3 Proxectos cheos de imaxinación e moito traballo detrás, convertíndose un deles  (2º Ed. Primaria) no proxecto gañador a nivel autonómico na categoría de 6 a 8 anos e que viaxará a Madrid o 14 de Xuño á final Estatal.

Noraboa a todos e a todas!


Aquí deixovos un adianto do que Mimi preparou con moita ledicia para os representantes  de 1º e 3º de Ed. Primaria que estiveron estarán detrás dunha mesa defendendo o seu proxecto!


Sodes todos uns gañadores!!!


3º Ed. Primaria



1º Ed. Primaria





viernes, 13 de mayo de 2022

XORNADA DIXINNOVA E PREMIO DIGICRAFT

      O mércores 11 de maio, todo o alumnado de Educación Primaria do CPI Virxe da Cela viaxou a Santiago de Compostela, á Cidade da Cultura para acudir ao 1º Congreso de innovación educativa e dixital. No transcurso da xornada tiveron ocasión de participar en diferentes obradoiros: un de paseo “virtual” que contemplaba actividades do ámbito da educación física; outro, de realización de actividades interactivas, do entorno virtual de aprendizaxe, no marco do espazo edixgal, referidas, nesta ocasión, aos inventos tecnolóxicos ao longo da Historia, centrándose nos da Idade Media e outro dos obradoiros tratou sobre a aplicación da impresora 3D.  





     Ademais contaron coa conferencia dada por David Aguilar, un mozo andorrano de 23 anos que construiu as súas propias próteses de brazo con pezas de Lego e chegou a explicar o seu último modelo na mesma NASA. Hoxe en día, ademais de estudiar Bioenxeñería, está volcado, entre outros proxectos, na axuda a un neno de 8 anos, con circunstancias semellantes ás del, preparándolle a prótese personalizada.         Como colofón, todos puideron observar a participación de moitos colexios galegos no Superrreto Digicraft, programa de competencias dixitais da Fundación Vodafone, presentando diversos proxectos relacionados coa solución aos problemas medioambientais.

  
         E, o máis emocionante chegou coa entrega de premios aos mellores proxectos nas categorías de 6-8 anos e de 9-12 anos, resultando gañador, na primeira franxa de idade, as alumnas de 2º Educación Primaria do CPI Plurilíngüe Virxe da Cela: Lucía, Noa e Sara, capitaneadas pola profesora Cristina Lage. Xunto a elas o outro colexio premiado na sección de 9-12 anos foi o CEIP plurilíngüe Javier Sensat de Vigo. Ámbolos dous grupos gañadores representarannos no certame final a nivel nacional que se celebrará en Madrid na sede da Fundación Vodafone ,o vindeiro 14 de xuño. 


 Ánimo e sorte ás nosas representantes!

Aquí podedes ver toda a actividade do I Congreso de Innovación Educativa e Dixital DixInnova 2022:

https://www.youtube.com/watch?v=BAHx3hsWStM



Entrega de Premios




1º Ed. Primaria explicando ó xurado

3º Ed. Primaria preparando o Proxecto



2º Ed. Primaria presentando o seu Proxecto







martes, 10 de mayo de 2022

Preparando O "Superreto Digicraft 2022"

 


Preparando O "Superreto Digicraft 2022"

A semana pasada recibíamos unha boa nova, comunicábasenos que o noso centro fora seleccionado para participar na fase final autonómica do SuperReto DigiCraft 21-22 que se celebrará mañá mércores 11 de maio nunha xornada incluída no contexto do I Congreso DixInnova 2022 organizada a Consellería de Cultura, Educación e Universidade no Edificio Fontán, Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Un Superreto que consistía en crear de xeito colaborativo unha maqueta que permitira solucionar un dos seguintes problemas do planeta: a extinción das especies, a contaminación en calquera  das súas formas ou problemas forestais.

Toda a etapa de Ed. Primaria colaborou, pensou e enviou os vídeos cos seus proxectos. 

Cal foi a súa consecuencia? 

Mañá convocáronnos en Santiago de Compostela para presentar 3 proxectos representando a todo o alumnado do colexio. 

3 Proxectos cheos de imaxinación e moito traballo detrás, que participarán nun gran reto, convertirse no proxecto gañador a nivel autonómico na categoría de 6 a 8 anos, fronte a outros máis de 20 colexios seleccionados de entre todos de toda Galicia. 

Moita sorte, pero, para nós, e en especial para mín, tanto os que ides mañá a representarnos coma todos/as os que participastes nestes días rematando os vosos proxectos, practicando e grabando en calquera oco da mañá e da tarde, sodes todo uns auténticos gañadores!!!

Aquí deixovos un adianto do que Mimi preparou con moita ledicia para os representantes que mañá estarán detrás dunha mesa defendendo o seu proxecto!

Moita Sorte!!!


Os/as outros/as gañadores/as:


1º Ed. Primaria:





2º Ed. Primaria:





3º Ed. Primaria:





4º Ed. Primaria:





5º Ed. Primaria:




6º Ed. Primaria:






jueves, 28 de abril de 2022

PROXECTO CHROMA CO ALUMNADO DE INFANTIL

Esta semana a Aula Ferraganchos está sendo utilizada polo alumnado de educación infantil para a gravación dun proxecto audiovisual centrado no mundo mariño no que se utilizará a técnica de Chroma Key na súa edición.












martes, 26 de abril de 2022

POLOS CREATIVOS

    Alumnado de 6º EP participa na presentación de Polos Creativos. Santiago de Compostela, martes 26 de abril 2022. 
    Os Polos creativos desenvolveranse en espazos físicos creados nos centros educativos, dotados dun equipamento especializado, cun deseño modular e innovador, e  organizados didacticamente para o fomento da creatividade e a formación do alumnado nun contexto de aprendizaxe competencial. Está baseado na aprendizaxe activa e manipulativa, a aprendizaxe baseada no deseño, a solución de problemas e a aprendizaxe entre iguais. Funcionarán como centro de actividades en que se traballe a intelixencia artificial e outras tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, realidade virtual e impresión 3D, tecnoloxías de control computerizado e fabricación aditiva, mecanizado de diferentes materiais, electromecánica, robótica e microcontroladores, entre outras.






https://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/alumnos-comarca-muestran-ingenio-polos-creativos-3756364

miércoles, 20 de abril de 2022

E chegou a primavera á aula de Plástica e o Superreto Digicraft para 3º Curso da Ed. Primaria!

 

Este trimestre foi moi moi curto pero na aula de Plástica estamos intentando aproveitar o máximo. 

Achégase o Superreto Digicraft e puxémonos a traballar buscando solucións ós problemas que se nos formulan.

Queredes ver o noso traballo?









RADIO ERASMUS+


Compartimos convosco o produto final do proxecto radiofónico que levaron a cabo alumnado do noso centro e doutros centros europeos (Finlancia, Portugal e Rumanía) dentro do Erasmus+ "Let`s Talk About STEM". Queremos agradecer a Sergio Pascual (Laboratorio Radiofónico) a súa implicación para facer realidade este proxecto!

martes, 19 de abril de 2022

Bye Bye 2º Trimestre. O alumnado de 5º e 6º Curso da Ed. Primaria deixa atrás un trimestre moi curto

  Este trimestre foi moi moi curto pero na aula de Plástica estamos intentando aproveitar o máximo. 

Achégase o Superreto Digicraft e puxémonos a traballar buscando solucións ós problemas que se nos formulan.

Queredes ver o noso traballo?

O alumnado de 5º Curso preparándose para o Superreto!

 


Mentres que dende o 6º Curso da Ed. Primaria...

O ten todo baixo control...





viernes, 8 de abril de 2022

E chegou a primavera á aula de 1º de Ed. Primaria e o remate do trimestre!

 Este trimestre foi moi moi curto pero na aula de Plástica estamos intentando aproveitar o máximo. 

Achégase o Superreto Digicraft e puxémonos a traballar buscando solucións ós problemas que se nos formulan.

Queredes ver o noso traballo?







Pero, de onde saiu a nosa idea? Primeiro tivemos que parolar moito e debuxar...







SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...