martes, 30 de abril de 2024

SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons prevista dentro do PFPP Polos Creativos. Nesta ocasión, unha vez xa introducidos/as no mundo da programación no  Pablo, Gazapo. 

Dron Tello, Sphero, videoxogo, makecode










jueves, 25 de abril de 2024

CIRCUITOS DE PAPEL

 





XII DÍA DAS RAPAZAS NAS TICS 2024


 

Xoves 25 abril 2024. Alumnado 3º ESO Educación Dixital

O próximo xoves, 25 de abril, o Centro de Supercomputación de Galicia, a Secretaría Xeral de Igualdade e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia organizamos o "Día das Rapazas nas TIC" (Girls in ICT Day), dirixido especiamente ao alumnado do último ciclo de centros de primaria e secundaria de Galicia. Este ano contamos tamén coa colaboración do CITIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela).

O Día das Rapazas nas TIC é unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que vexan as posibilidades e atractivo do ámbito das tecnoloxías para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.  Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional. https://www.itu.int/women-and-girls/girls-in-ict/

Para celebralo, ese día no CESGA teremos dúas actividades, unha, virtual, para todos os centros de Galicia e outra, presencial, para alumnado dos centros próximos a Compostela:

COLOQUIO VIRTUAL DE TECNÓLOGAS GALEGAS 

CO ALUMNADO DOS CENTROS EDUCATIVOS

Un coloquio virtual dende centros educativos por streaming con 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria poderá coñecer a súa traxectoria previa, o día a día do seu traballo, preguntar calquera dúbida sobre este eido profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido. A apertura institucional do evento será ás 10:45, e o coloquio comezará as 11:00 ata ás 12:30. 




martes, 23 de abril de 2024

FORMACIÓN EN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multidisciplinar Gazapo (Narón), impartiu o primeiro dos seminarios centrados en Robótica e Drons dentro do PFPP F2331055 Polos creativos no CPI Plurilingüe Virxe da Cela, o martes 23 de abril de 2024 (de 16:45 a 19:15h). Nesta primeira sesión o profesorado asistente traballou coa programación de robots M-Bot, utilizando o software Scratch Junior. Esperamos que esta formación anime aos docentes a sacarlle o máximo partido aos recursos materiales dos que dispón o noso centro. De feito, nunha vitrina da Aula Ferraganchos, dispoñemos dunha flota de robots Make-block que xa foron utilizados en cursos anteriores e que están esperando que o alumnado os poña de novo a camiñar e facer diferentes accións!! Ao final da sesión tambén estivemos descubrindo o enorme potencial do Tale-Bot-Pro, que xa se está a usar nas aulas de educación infantil, e tamén con Sphero, unha atractiva bola robótica que permite ao alumnado aprender a programar xogando. O próximo martes 30 abril teremos a segunda e última sesión con Pablo Arribas, que se vai centrar no manexo de drons e no deseño de videoxogos. 












lunes, 22 de abril de 2024

GRAVANDO LOUSA

 Utilización da cortadora-gravadora láser, empréstito do CFR Ferrol, para gravar pezas de lousa para os agasallos ao profesorado do CPI Virxe da Cela participante nesta III Fase do programa Observa-Acción, así como ás 5 mestras do CEIP Pintor Rosales (Madrid) que visitaron o noso centro os días 10 e 11 de abril para realizar a observación. 





jueves, 4 de abril de 2024

EXPERIMENTANDO CON STOP MOTION

Xa de volta das vacacións de Semana Santa damos inicio a este terceiro e último trimestre experimentando coa produción audiovisual e iniciándonos á técnica Stop Motion. O alumnado de 3º da ESO na materia de Educación Dixital poñerá a proba a súa creatividade e dominio técnico tratando de facer animacións mediante a sucesión de imaxes fixas. Utilizaremos a aplicación Stop Motion Studio, instalada nas tabletas do centro, unha das máis sinxelas para iniciarse na creación de películas en stop motion. A aula de Ferraganchos convertiuse nun auténtico plató con diferentes espazos ocupados polas parellas de alumnado que realizan os seus experimentos. 








viernes, 8 de marzo de 2024

RADIO EN EDUCACIÓN INFANTIL

 A mestra de EI 3 anos, Noemí Vázquez López, visita co seu alumnado a Aula Ferraganchos algúns mércores pola tarde, para iniciar aos máis pequenos na radio.










2º SESIÓN FORMACIÓN TÉCNICA PARA COORDINADORES POLOS CREATIVOS CFR FERROL

 Venres 8 marzo 2024, CFR Ferrol. De 16:00 a 20:00 horas. Chroma, Stop Motion, cortadora-gravadora láser, cortadora. 


- Deseño e impresión 3D con Mª de los Reyes Montero.

- Deseño vectorial, plotter de corte e cortadora láser con Rebeca Blanco.

- Programación: placa programable Micro:bit con Eva Mª Leira.

- Audiovisuais: chroma e stop motion (empregando dispositivos móbiles) con Lucas Rey.










martes, 5 de marzo de 2024

OBRADOIRO E-TÉXTIL FORMACIÓN PROFESORADO POLOS CREATIVOS

Eva Leira Bouzamayor, docente de tecnoloxía no IES Sofía Casanova de Ferrol, estivo no CPI Virxe da Cela o martes 5 marzo de 2024 para impartir o primeiro dos dous obradoiros de formación para o profesorado en torno ao E-Téxtil.  Esta formación está integrada na liña PFPP de Polos Creativos, na que participa profesorado dos tres niveis educativos: educación infantil, educación primaria e ESO. Comezando por softcirtuits e paper circuits e rematando por e-textiles, as dúas horas e media desta sesión de formación pasaron voando, experimentando con circuitos electrónicos básicos, fíos conductivos, diodos led, recortando, pegando e cosendo, como nun faladoiro de amigos/as. Esperamos poder poñer en práctica co noso alumnado todo o aprendido e poder seguir avanzando na experimentación antes da segunda sesión de formación, marcada para o martes 7 de maio. 








E-textiles Virxe Da Cela by veracruces on Scribd

jueves, 29 de febrero de 2024

1º SESIÓN FORMACIÓN TÉCNICA PARA COORDINADORES POLOS CREATIVOS. CFR FERROL

 Venres 1 de marzo de 2024, de 16:00 a 20:00. CFR Ferrol


Nos Centros de Formación e Recursos de referencia de cada centro educativo aprenderás a usar os elementos do Polo Creativo a través dun proxecto educativo sinxelo como eixo condutor da aprendizaxe. Serán pequenos obradoiros acerca de corte láser, electricidade, téxtiles, programación, audiovisuais, edición, posprocesado 3D, etc. Todo con carácter práctico e transferible á práctica de aula. Nesta sección tes dispoñible toda a información que precisas para desenvolver exitosamente os obradoiros.

O profesorado deberá asistir a un total de 8h de formación técnica no seu CFR. En Ferrol, estas 8h distribuiranse en dous venres do mes de marzo, de 16:00 a 20:00 cada un, nos que se desenvolverán varios obradoiros prácticos de 2h de duración cada un.

DATAS: 1/03/2024 e 8/03/2024

HORARIO: de 16:00 a 20:00h

O primeiro venres o profesorado realizará dous obradoiros e o seguinte venres, os outros dous. As persoas asistentes seredes distribuídas en grupos no CFR para que, ao final dos dous venres, todos/as teñades pasado por todos os obradoiros. As temáticas e persoas relatoras dos mesmos serán:

- Deseño e impresión 3D con Mª de los Reyes Montero.

- Deseño vectorial, plotter de corte e cortadora láser con Rebeca Blanco.

- Programación: placa programable Micro:bit con Eva Mª Leira.

- Audiovisuais: chroma e stop motion (empregando dispositivos móbiles) con Lucas Rey.

Microbit Polos Cfr Ferrol by veracruces on Scribd




KITS SINGULARES POLOS CREATIVOS: AUTÓMATAS DE PAPEL

O venres 23 de febreiro de 2024 o comedor escolar converteuse nun espacio creativo, onde o alumnado de 3º de educación primaria segueu avanzando na elaboración de propostas de autómatas de papel utilizando os Kits Singulares de Polos Creativos. Estes materiais complementarios están a disposición do profesorado do centro, e en concreto este de automatismos, está composto por contidos creados por Rob Ives, docente e deseñador de modelos en papel e cartón. Despois de anos na docencia comeza a escribir libros amosando todas as súas creacións. Nestas propostas combina os seus deseños orixinais coas máquinas simples e mecanismos. 






miércoles, 28 de febrero de 2024

CHARLA INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL

 Mércores 28 de febreiro 2024, UUMM, de 12:35 a 14:15. Alumnado de 2º, 3º e 4º ESO. David López Sánchez, AMTEGA. Charla "Iniciación segura á pegada dixital"

Hoxe David López deunos unha charla sobre a pegada dixital. Explicounos un  pouco sobre a seguridade nas redes sociais, como  Whatsapp ou  Instagram. Preguntounos cantas contas tiñamos e asesorounos para non aceptar a  xente que non coñecemos ou que sexan "amigos dun amigo".  Tamén  falou sobre o BeReal e  Tik Tok, e advertiunos dos seus perigos, xa que había xente que facía retos que lle  causaban a morte, como  lle aconteceu recentemente a una nena de 8 anos en Perú. David explicounos a Lei de Protección de Datos, para que a tiveramos en conta, e animounos a facer Ego-surfing, isto é,  buscarse a si mismo en Google, para saber si aparece información nosa de carácter persoal. Deunos tamén algún truquiño, como encontrar o teléfono móbil se o pertemos entrando  no buzón de entrada do correo. E falounos dos electrodomésticos que  teñen wifi como as neveiras que se as chegan a hackear poden explotar. Eva Olmedo. 3º ESO






SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...