lunes, 21 de junio de 2021

ENTREVISTA RADIOFÓNICA A FRANCISCO MARTÍNEZ

O venres 18 xuño 2021 contamos no noso centro coa visita de Francisco Martínez, coñecido betanceiro apodado como "Pin". Dúas nenas de 5 de educación primaria fixéronlle na Aula Ferraganchos unha interesante entrevista radiofónica que próximamente será editada por RTVEnxebre e a compartiremos con todos vós a en formato audiovisual. Esta entrevista xirou en torno á elaboración de preciosas obras artísticas como maquetas de pobos costeiros ou figuras de peixes partindo de obxectos de refugallo atopados nas praias (trozos de madeira, cordas, cravos, plásticos). Grazas, "Pin", por sensibilizarnos no coidado do medioambiente!  







miércoles, 16 de junio de 2021

COÑECENDO A CONTORNA CON SEEK DE iNATURALIST

Coa aplicación Seek' de iNaturalist o alumnado de educación primaria aprendeu con Johan Palma, auxiliar de conversa, como identificar en tempo real calquera ser vivo en tempo real. Esta app está deseñada pola Academia de Ciencias de California e a National Geographic Society. Con ela, ademais de adquirir aprendizaxe fomentamos a curiosidade e a vinculación identitaria co medio natural. Partimos da identificación de especies (en láminas e no centro), para despois propoñer retos nas procuras e amosando as posibilidades que ofrece para a recollida de información para a base de datos da biodiversidade global de iNaturalist, axudando as persoas científicas a identificar a saúde do planeta.

AULA STEM. PROGRAMA EDUCATIVO ITINERANTE DA AFUNDACIÓN

Este curso tivemos a Aula STEM itinerante no centro. Con ela o alumnado dos primeiros cursos da Ed, Primaria experimentou coa robótica básica dando valor a creatividade. Pincel e lapis entrelazados coa potencia dun pequeno robot fixeron que a creatividade escape das nosas mans. Nos cursos de 5º e 6º coñecemos una nova aplicación da programación con Scratch: programación electrónica con microbit. Se queres coñecelos na páxina web de Afundación tes toda a información:



ESPAZO DE XOGOS MATEMÁTICOS

Os xogos matemáticas son unha estratexia lúdica para aprender sen tensións e compartir. Superarse convertese nun obxectivo persoal. Tamén, permiten identificar os coñecementos grazas xa que poñen a proba o aprendido. Descubrir as magnitudes e as súas medidas, diferentes figuras xeométricas, o cálculo e o razoamento lóxico son unha constante. Desta forma, os puxemos en marcha con obradoiros nos que o alumnado de 4º, 5º e 6º da Ed. Primaria desenvolveron ás súas capacidades. Os de 4º con xogos propios da aula e os de 5º e 6º contando coas propostas de Crecer creand@.


PARROQUIA FERRAGANCHOS: ESPAZO PARA APRENDER CREANDO

Este curso escolar a creatividade foi a palabra clave. A entrelazamos cos medios e recursos dixitais para coñecer o funcionamento dos obxectos e dos medios tecnolóxicos e ver como os mesmos son parte da nosa realidade. Coas mesmas demos valor ás potencialidades e superamos as dificultades cooperando, Fíxate nas propostas e descubre un montón de novas posibilidades.











lunes, 7 de junio de 2021

MULTIESPAZOS NA AULA FERRAGANCHOS

 A piques de finalizar o curso académico 2020-2021, xa temos a Aula Ferraganchos totalmente reformada e equipada. Esta aula, situado no primeiro andar do edificio de secundaria, e que albergará a Biblioteca Creativa, ten un ambiente acolledor que fomentará o traballo de investigación, de colaboración e permitirá desenvolver numerosos proxectos. Aínda que non ten divisións no seu interior, o propio mobilidario e equipamento a organiza en multiespazos ou recunchos para traballar con radio, con gravación de chroma, ou ben experimentar coa construción e  manipulación de robots, drones, impresora 3D, etc. 










PROGRAMACIÓN XULLO AULA CEMIT BETANZOS

Actividades programadas para o mes de xullo na Aula CeMIT do Concello de Betanzos.