miércoles, 24 de marzo de 2021

MÚSICA E PROGRAMACIÓN. CONSTRUÍNDO UN PIANO CON SCRATCH

Durante a última semana do mes de marzo de 2021 o alumnado de 2º e 4º de ESO, axudados por Johan Palma, construiron un teclado de piano utilizando cartón e papel de aluminio. Grazas ao uso de Scratch poideron facer sonar este artiluxio.

















miércoles, 17 de marzo de 2021

SHAZAM E SOUNDHOUND

Na sesión de hoxe, unindo de novo música e tecnoloxía, Johan Palma ensinou ao alumnado de 2º ESO a utilización de aplicacións (Shazam e Soundhound) para o recoñecemento de cancións en dispositivos móbiles.

miércoles, 10 de marzo de 2021

GOOGLE LENS

Empregando a aplicación Google Lens e plantillas con imaxes impresas o alumnado de 2º da ESO realizou unha investigación sobre grandes compositores, unha divertida e innovadora forma de aprender música e cultura a través das tecnoloxías. 







lunes, 8 de marzo de 2021

ROBÓTICA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Johan Palma visitou o xoves 4 de marzo 2021 as aulas de EI para iniciar aos máis pequenos/as no uso de tabletas para dirixir os movementos de pequenos robots. Esto os convertiu en auténticos protagonistas da súa aprendizaxe, e o uso destes pequenos seres (robots) pareceulles algo moi atractivo e motivador. 




viernes, 5 de marzo de 2021

CREACIÓN DE PRODUTOS AUDIOVISUAIS: ANTÓN, PEREGRINO DO CAMIÑO

Brais Boado pon a voz a Antón, un simpático neno que vai de peregrinaxe desde Ferrol ata Santiago de Compostela, facendo o Camiño Inglés (recordemos que este ano, 2021, é Ano Santo Xacobeo). Este interesante proxecto, realizado dentro da materia de Relixión (1º ESO), pretende abarcar de maneira multidisciplinar, aprendizaxes vinculadas coa busca e tratamento de información,  Iintegrando tanto as  TICs como o Proxecto Lector. Entre outros recursos utilízase a  investigación, a contextualización, aredacción textos, a gravación de audio con dispositivos móbiles, e utilización de software específico para a edición de audio e video (audacity, crazytalk, filmora). 






jueves, 4 de marzo de 2021

OLLANDO A ROSALÍA DE CASTRO A TRAVÉS DA REALIDADE AUMENTADA

O 24 de febreiro utilizamos os recursos da Biblioteca Creativa para levar a cabo algunhas das iniciativas que se realizaron no noso centro para conmemorar o Día de Rosalía (24 febreiro 2021).  Nas materias de Arts and Crafts, o alumnado de EP, axudados polo auxiliar de conversa Johan Palma, indagaron na vida e obra de Rosalía a través da creatividade e da realidade aumentada utilizando dispositivos móbiles (tabletas). 





miércoles, 3 de marzo de 2021

ROBÓTICA E MÚSICA

A utilización da robótica na educación ten moitísimas posibilidades, xa que é un recurso moi atractivo. Así o experimentaron os alumnos/as de 2º e 4º da ESO que, guiados por Johan Palma, competiron nun divertido xogo tratando de manexar con tablets a pequenos robots Zowi nunha carreira de discriminación auditiva para alcanzar as imaxes de diferentes instrumentos musicais.  Martes 2 marzo 2021. 





SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...