jueves, 27 de abril de 2023

AVALÍA DE MANEIRA INNOVADORA A TRAVÉS DAS TIC

Hoxe xoves 27 abril de 2023 deu comezo o curso online titorizado "Avalúa de maneira innovadora a través das TIC", ofrecido ao profesorado do noso centro grazas á colaboración coa Fundación Ayuda en Acción.  Serán un total de 4 sesións online na que se aboradarán contidos como a creación de portafolios dixitais a través de Google Sites, a elaboración de rúbricas e listas de cotexo mediante Corubrics e a utilización de ferramentas de avaliación dixital como Quizziz e Plickers



Abril 2023 Guia Didactica l1.1.Ac2 by veracruces on Scribd

miércoles, 26 de abril de 2023

Proxecto Bibliocreativa: Aprendemos a usar o chroma para os videotitoriais.

Continuando co proxecto de elaboración dos videotitorias, hoxe comezamos os obradoiros de chroma para introducir esta técnica na elaboración dos videotitoriais.  Neste obradoiro participará tanto o alumnado de Primaria como o de Secundaria integrante do clube. Este obradoiro centrado no proceso de gravación e uso do chroma impárteo a nosa compañeira de secundaria Yolanda Castro, sen dúbida, unha grande experta na materia.





jueves, 20 de abril de 2023

SEGUNDA SESIÓN DE OBRADOIRO EN IMPRESIÓN 3D

Nesta segunda e última sesión de Impresión 3D realizada o xoves 20 de abril de 2023 o profesorado participante avanzou na súa aprendizaxe dándolle forma aos seus deseños e finalmente ver unha peza de 3 dimensións realizada pola impresora da aula de Ferraganchos. Ao inicio da sesión fíxose un repaso do aprendido en torno ao programa Tinkercad para diseño 3D, e posteriormente presentouse un novo programa, o Ultimaker Cura, unha aplicación deseñada para as impresaras 3D na que se poden modificar os parámetros de impresión e logo transformalos ao código G. Como último paso, encender a impresora, realizar axustes e a esperar... O resultado: un sinxelo chaveiro para iniciarnos neste novo mundo da impresión 3D. E agora toca facer unha aprendizaxe en cascada e poder transmitir o aprendido ao noso alumnado para que o poña en práctica!







martes, 18 de abril de 2023

MUSEO VIRTUAL MUV DA FUNCACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

O noso centro é un dos oito seleccionados para participar na segunda edición do programa o Museo Virtual na escola rural", da man da Fundación María José Jove (FMJJ). O Museo Virtual da FMJJ púxose en marcha no 2021 como unha plataforma dixital de apoio á creación e á difusión artística. 

Desde o martes 18 de abril teremos á disposición do alumnado un espazo específico equipado coa tecnoloxía necesaria para poder visitar a través da realidade virtual dos fondos deste museo de arte contemporánea, evitando así as barreiras da distancia e os elevados custos dos desplazamentos. 






jueves, 13 de abril de 2023

Proxecto Bibliocreativa: Videotitoriais de xogos de mesa en galego.

Dentro do clube de xogos de mesa, estamos a descubrir que non existen videotitoriais en galego de xogos de diferentes editoriais coma mercurio, tranjis, lúdilo...


Por iso, dentro do clube, marcámonos o seguinte obxectivo: tras coñecer varios xogos, decidimos elaborar titoriais en galego para fomentar o uso da nosa lingua e fomentar outro xeito de lecer.


Para comezar, necesitamos aprender as partes que temos que ter en conta para elaborar unha correcta explicación dun xogo. Para isto, teremos un obradoiro con Viriato Valdés Valiña, un profesor experto en xogos de mesa, aprendizaxe por xogos e didáctica, no cal aprendemos os contidos imprescindibles a ter en conta para elaborar as nosas explicacións.














CLUBE DE XOGOS DE MESA

Os mestres Uxío e Cristina comezaron este curso unha nova proposta dinamizada nos leceres do tempo do comedor. A través desta proposta, búscase que o alumnado adquira outras dinámicas de lecer, como é o xogar a diferentes xogos de mesa. Esta proposta, abriuse para o alumnado dende 4º de Educación Primaria ata 4º de Educación Secundaria. Actualmente ao redor de 40 alumnos e alumnas forman este clube con reunións quincenais.

A través dos xogos, as aprendizaxes do alumnado serán múltiples e variadas: por unha banda, estaremos a traballar múltiples competencias clave: como a competencia en comunicación lingüística, a competencia cidadá, a competencia persoal, social e de aprender a aprender, sen enquencer, a competencia STEM. Con cada razoamento, pensamento dunha estratexia, con cada inferencia, estarán a traballar todas elas ademais do pensamento lateral, a abstración, o pensamento computacional...

Sen dúbida, con esta proposta enmarcada nunha aprendizaxe non formal, estaremos a descubrir como dinamizar contidos curriculares, nun entorno lúdico e cercano ao alumnado. Sen dúbida, será un tempo de ocio difierente!





miércoles, 12 de abril de 2023

FORMACIÓN EN GRAVACIÓN E EDICIÓN DE AUDIO

O mércores 12 abril 2023, de 16:45 a 18:15, levouse a cabo unha sesión de formación para o profesorado impartida por Yolanda Castro López., enmarcada no PFPP Formación en Medios e Recursos Dixitais. Nesta sesión, fundamentalmente práctica, Yolanda Castro guiou ao profesorado participante na edición de audio utilizando o sofware Audacity, aproveitando a duración do obradoiro para aprender facendo e conseguindo un produto final: un podcast radiofónico. Desde os primeiros pasos (gravación do audio), a edición do mesmo con Audacity,  ata os últimos pasos (a subida do podcast radiofónico nunha plataforma para a súa difusión), os/as asistentes poideron experimentar de primeira man e levar á práctica a secuencia de todo o proceso. Finalmente analizamos e valoramo o enorme potencial do produto final, un podcast radiofónico, na práctica educativa. O podcast é unha ferramenta didáctica que se pode abordar desde diferentes areas, materias e niveis e exerce como un elemento clave para a participación e o traballo colaborativo. O noso centro, o CPI Virxe da Cela, leva anos apostando pola radio como ferramenta didáctica, acompañados sempre de expertos cualificados que van formando ao alumnado como aos docentes. 






1.Curso Audacity by veracruces on Scribd

SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...