jueves, 26 de diciembre de 2019

OBRADOIRO: VIAXE Á INDIA

A Biblioteca Castelao converteuse nun espazo para viaxar e deixar voar a nosa imaxinación. Esta vez o destino foi a India, un enigmático e lonxano país, que a través da Fundación Vicente Ferrer cada vez está máis próximo a nós. O alumnado de 3º de primaria, acompañado pola súa mestra de inglés (Cristina Cillero), tivo o privilexio de abrir o paquete chego da India (martes 17 decembro 2019). Os nenos e nenas quedáronse impresionados cos fermosos e diversos contidos elaborados polos nenos e nenas da Konampalli School (Anantapur, India), que ano tras ano envían á noso centro a modo de intercambio epistolar e de tradicións (programa School to School, da Fundación Vicente Ferrer). Agora tócanos a nós, esperamos poder facer materiais que estean á súa altura para enviarllos a final de curso!!












AS BIBLIOTECAS GAÑAN ESPAZOS. AVALIAR PARA APRENDER

Artigo Eduga nº 78. Entrando xa no cuarto ano de desenvolvemento do programa “Biblioteca Creativa”, considerouse necesaria unha avaliación que permitise coñecer o momento no que se está e as múltiples iniciativas que en cada centro se están a desenvolver ao abeiro do programa. O encontro previsto para o mes de outubro constituíu un contexto ideal para compartir os avances, tamén as dificultades, os logros e as reflexións que están a xurdir. Premer na imaxe para acceder ao artigo en  Eduga nº 78. 


SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...