viernes, 14 de febrero de 2020

AS CIVILIZACIÓNS EN CHROMA

14 febreiro 2020. Os nenos e nenas de educación infantil iniciaron na aula de chroma a xornada de gravacións de vídeos nos que falan sobre as civilizacións, o seu proxecto de curso. Unha vez editados estos vídeos utilizarase o produto final para enviar aos nenos e nenas do colexio Anxo da Garda (Coruña), centro co que se está a levar a cabo un intercambio epistolar.



CONTACONTOS EN REALIDADE AUMENTADA: LA MAGIA DE UNA SONRISA

Venres 14 de febreiro de 2020. Os nenos e nenas de educación infantil visitan a Biblioteca Castelao para aprender valores a través do fermoso conto "La Magia de una Sonrisa", da colección Cuentos para Emocionarse. Falamos do amor, da amizade, das boas maneiras de facer as cousas, do compañeirismo. E para acompañar a narración utilizamos dispositivos móbiles, táblets e altofalantes que engadiron maxia e arte ao escenario, a través das aplicacións de realidade aumentada. 









martes, 11 de febrero de 2020

11 DE FEBRERO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Queremos difundir no noso blog esta data tan importante para conmemorar o "Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia", o 11 de febreiro. 



O Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia foi proclamado no 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.

"Para facer fronte aos inmensos desafíos do século  XXI –desde o cambio climático ata os trastornos tecnolóxicos– fainos falta a ciencia e toda a enerxía necesaria e, por iso, o mundo non pode privarse do potencial, a intelixencia e a creatividade dos miles de mulleres que son vítimas de desigualdades ou prexuízos tan arraigados. Neste Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, a UNESCO fai un chamamento á comunidade internacional, aos Estados e a cada persoa para que se mobilicen a fin de facer realidade a igualdade, tanto no ámbito das ciencias como noutros campos. A humanidade só pode saír gañando, igual que a ciencia. "
  Mensaxe de Audrey  Azoulay,   Directora Xeral da UNESCO,
 no Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia 2020

viernes, 7 de febrero de 2020

ELABORANDO MATERIAIS PARA A INDIA

Proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer. O 7 de febreiro de 2020 o alumnado de 3º de educación primaria, coa súa profesora de inglés, comenza a elaborar na biblioteca escolar unhas cartas de presentación a base de texto e debuxos para compartir cos nenos e nenas da Konampalli School (India).






OBRADOIRO NUTRICIÓN

Os máis pequenos visitan a biblioteca o 7 de febreiro de 2020  para realizar un obradoiro de nutrición impartido pola mestra de eduación física Ruth. A alimentación e os hábitos saudables son importantísimos para o noso benestar. 




Obradoiro de nutrición con Ruth Varela. 



miércoles, 5 de febrero de 2020

BENVIDA A AMPARO, DE BODY PLANET


O martes 28 de xaneiro tivemos a visita na nosa biblioteca de Amparo, unha boneca que, utilizando a tecnoloxía da Realidade Aumentada deseñada pola empresa Body Planet, axudaranos a comprender e estudar o corpo humano. 

SEGUNDO OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIOTECA

A Biblioteca Castelao converteuse nun verdadeiro estudio radiofónico: micrófonos, mesa de mesturas, ordenadores, altofalantes... O profesorado participante no curso de formación Radio na Biblioteca, ofertado dentro do seminario "Biblioteca Escolar" puxo en práctica nesta segunda sesión de formación todos os coñecementos adquiridos. Tras unha semana de traballo cooperativo redactando os guións radiofónicos, o martes 4 de febreiro os profesores e profesoras sentáronse diante dos micros e dos ordenadores para materializar coñececementos creando varios interesantes podcasts que queremos compartir con toda a comunidade educativa.













SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...