jueves, 29 de abril de 2021

VOLANDO DRONES

Xoves 29 de abril 2021. Sesión de iniciación ao manexo de drones. O alumnado de 4º da ESO da materia de música, guiado por Johan Palma, aprendeu a montar os drones...., descargar a aplicación.... e poñer en funcionamento o dron. Practicaron durante varios minutos os diferentes movementos (elevación, xiros, direccións), poñendo a proba as súas capacidades motoras. Para a seguinte sesión trataremos de aplicar estos coñecementos relacionándoos coa materia de música, de tal xeito de levar a cabo unha coreografía orquestada con drones. 







miércoles, 28 de abril de 2021

PIZARRA ONLINE: NOTEBOOKCAST

Existen moitas ferramentas dixitais que permiten o traballo colaborativo, e hoxe, 28 de abril, Johan Palma axudounos a descubrilas. O alumnado de 2º da ESO experimentou utilizando tabletas e a aplicación Notebookcast, unha pizarra on-line, o que lles permitiu á par aprender conceptos musicais, afianzar as competencias lingüísticas en inglés e manexar novas tecnoloxías, á par que divertirse xogando a un xogo de adiviñas. 






lunes, 26 de abril de 2021

AULA FERRAGANCHOS: NOVO ESPAZO PARA A BIBLIOTECA CREATIVA

A Aula Ferraganchos é o novo espazo que albergará a Biblioteca Creativa. Despois de varios meses de obras para acondicionar a antiga Aula de Chroma, xa temos o espazo listo para funcionar. Alumnado do centro axuda nos traballos de  organización do novo espazo: motaxe e distribución do mobiliario, clasificación e ordenación de materias, etc. 




miércoles, 14 de abril de 2021

APRENDENDO MÚSICA E IDIOMAS CON GOOGLE TRANSLATOR

 Hoxe, 14 abril 2021, Johan Palma ensinou ao alumnado de 2º da ESO a utilizar os dispositivos móbiles  dun xeito educativo, e poder aprender conceptos musicais a través da aplicación Google Translator. Os rapaces e rapazas, organizados en pequenos grupos, manexaron conceptos musicais como ritmo, melodía, afinación, etc, escritos en diferentes idiomas. 















miércoles, 7 de abril de 2021

BAILANDO CON SCRATCH

Aprender programación con Scratch é moi útil sobre todo se lle damos un uso divertido e artístico, así o experimentaron os rapaces e rapazas de 2º e 4º da ESO na semana do 5 ao 9 de abril de 2021. Axudados por Johan Palma moveron o seu corpo cos xogos de Dance, Dance Dance Revolution, utilizando os pes para activar os placas de cartón recubertas de papel de aluminio. 













RADIO NA BIBLIOTECA CREATIVA

Durante a última semana do mes de marzo, antes das vacacións de Semana Santa, o alumnado de educación  primaria tivo a sorte de estrenar  o estudio radiofónico situado no novo espazo adiacado á Biblioteca Creativa. Participan na formación do Laboratorio Radiofónico, guiados por Sergio Pascual e Daniel Vidal













SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...