miércoles, 24 de mayo de 2023

FINAL SUPER-RETO DIGICRAFT

Santiago de Compostela, mércores 24 maio 2023. O programa Digicraft, consiste nun plan que dota ás escolas de material tecnolóxico e didáctico, para que o alumnado se achegue ao uso das novas tecnoloxías dende un punto de vista educativo. Dende o comezo do curso, na clase de plástica estivemos seguindo este plan, realizando diversas tarefas propostas polo propio plan, na que o alumnado aprendía a utilizar as diferentes ferramentas tecnolóxicas. A partir do mes de febreiro e ata hoxe, comezamos o Superreto Digicraft, que consiste en aproveitar o aprendido para resolver un reto proposto. Nestes días, o alumnado dos cursos de primaria elaborou unha maqueta propia utilizando as tecnoloxías, intentando resolver o reto presentado.





FORMACIÓN EN FILMORA E CHROMA

O mércores 24 de maio de 2023 tivo lugar a última sesión de formación para o profesorado impartida por Yolanda Castro dentro do PFPP "Medios e recursos dixitais". Nesta xornada abordouse a creación e edición de produtos audiovisuais utilizando o software "Filmora", e incidindo na opción de "Chroma key". 

O profesorado asistente visualizou diferentes productos audiovisuais realizados con este software, e afondou en funcións básicas como cortar, xirar, cambio de velocidade, axuste de cores, brillos, aplicar efectos, modificar e editar o audio. Un punto central desta formación consistiu en descubrir funcións avanzadas como compoñer clips sobrepostos e efectos da pantalla verde, isto é, Chroma Key. 

 



lunes, 22 de mayo de 2023

ENQUISA IMPACTO NO USO E ABUSO DAS TECNOLOXÍAS ENTRE OS/AS ADOLESCENTES

      O pasado 9 de marzo de 2023 realizouse unha charla no CPI Virxe da Cela dirixida ás familias e impardia por Antonio Rial Boubeta. Un número moi significativo de familias acudiron interesados polo tema a tratar: tecnoloxías, infancia, adolescencia, convivencia, adicións. Pais e nais quixeron informarse sobre conductas de risco que poden traer consigo o uso abusivo das tecnoloxías, e quen mellor que Antonio Rial Boubeta para poñer datos sobre a mesa e sembrar dúdidas que den paso á reflexión. Antonio Rial é doctor en Psicoloxía Social e profesor titular da Universidade de Santiago, ademais de técnico da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e experto en metodoloxía de investigación en ciencias sociais e saúde. 

   Tendo esta charla como punto de partida e coa intención de despertar no nos alumnado unha conciencia e hixiene dixital que lles axude a exercer autocontrol nos seus usos das tecnoloxías, o alumnado de 3º da ESO da materia Educación Dixital realizará durante o 3º trimestre unha enquisa para valorar o impacto do uso e abuso das tecnoloxías entre os/as adolescentes do centro. Para elaborar esta enquisa online tilizaranse ferramentas dixitais (formularios Google) e unha vez  recollidos os datos analizaranse e difundiranse entre a comunidade educativa. 



FORMACIÓN EN PANTALLAS INTERACTIVAS

Un grupo de docentes do CPI realizaron unha formación en pantallas dixitais interactivas o luns 22 de maio de 2023, impartida por Antonio Aneiros López, asesor Abalar do CFR de Ferrol. Esta é un punto de partida para poder achegarnos ao uso destes dispositivos e así poderlle sacar o máximo rendemento , xa que a partir de agora que pasarán a formar parte do mobiliario das nosas aulas (material concedido pola administración educativa) e do proceso de ensinanza aprendizaxe do noso alumnado.







Obradoiro e-téxtiles.

 Na última década o campo dos e-téxtiles experimentou un crecemento importante.

Son cada vez máis comúns materiais intelixentes capaces de reaccionar a corrente eléctrica. Teñen peculiaridades como interactúar coa temperatura, coas condicións ambientais, sinais eléctricos ou condicións impostas polas persoas usuarias.

Doutra banda, os wearables son dispositivos capaces de comunicarse co corpo e integrarse á súa mobilidade, ademais de poder conectarse con outros. Son de feito, dispositivos que se poden vestir, lavables ou que exercen de complementos intelixentes. Están presentes en saúde, entretemento, deporte, domótica, industrial e arte.

 

Nesta evolución  teñen moito que ver os e-téxtiles, incorporando a tecnoloxía a elementos do noso día a día.

 

Todo isto, supón un importante desenvolvemento da tecnoloxía corporal e abre un campo apaixonante de experimentación e de creación.

Achegarnos a eles desde os seus principios básicos foi o noso obxectivo nesta actividade, que seguro traerá novas posibilidades.



Imaxe autoeditada do obradoiro.

domingo, 21 de mayo de 2023

Circuítos de papel.

Con esta actividade aprendemos a crear un circuíto electrónico en papel. O práctico que resulta facelo sen necesidade de soldar ou codificar. Os recursos foron unas tiras de cinta de cobre, LEDs e unha pila.

Imaxe da actividade.

Tamén, abrimos fiestras a novas experimentacións: origami, tarxetas de felicitación, etc.

A por elas!!!!!!

Imaxe: reprodución do proceso contado polo alumnado.

viernes, 12 de mayo de 2023

CHARLA SOBRE A PEGADA DIXITAL

AMTEGA. Vernes 12 de maio de 2023. Alumnado de 4º da ESO. De 10:35 a 12:15. Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais.Obxectivo xeral Capacitar ao alumando no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
Obxectivos específicos
• Reforzar a competencia básica do alumnado en seguridade na xestión dos seus perfís
nas redes sociais.
• Explicar a identidade dixital e a importancia da pegada dixital.
• Afondar na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis
actuais entre nenos e nenas.
• Ofrecer aos e ás menores ferramentas e recursos aos que poder acudir cando teñan
algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía




miércoles, 10 de mayo de 2023

CURSO CRAZY TALK ANIMATOR

Yolanda Castro López imparte un obradoiro sobre Crazy Talk Animator para o profesorado do PFPP "Formación en Medios e Recursos Dixitais", o mércores 10 de maio de 2023. ¨Dentro dos recursos dixitais sabemos, tras anos de experiencia, que esta ferramenta ten moitísimo éxito tanto entre o profesorado como o alumnado do noso centro. O Crazy Talk Animator é unha ferramenta de animación 2D que pode dar vida a calquera imaxe engadíndolle movemento . O programa permite combinar imaxes, vídeos, animacións flash e outros moitos efectos, o que o fai unha ferramenta ideal para utilizar nas nosas aulas.
 



martes, 2 de mayo de 2023

USO DOS MEDIOS E RECURSOS DIXITAIS NO EIDO EDUCATIVO

A directora do CPI Virxe da Cela foi entrevistada xunto co investigador e pedagogo Antonio Rial Boubeta na TVG, no programa A Revista (28 abril 2023) para falar do papel da educación na prevención de problemas na infancia e na adolescencia, e do enfoque positivo que supón unha boa utilización dos medios e recursos dixitais. 


http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-6100463?t=2065


SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...