martes, 30 de abril de 2024

SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons prevista dentro do PFPP Polos Creativos. Nesta ocasión, unha vez xa introducidos/as no mundo da programación no  Pablo, Gazapo. 

Dron Tello, Sphero, videoxogo, makecode










jueves, 25 de abril de 2024

CIRCUITOS DE PAPEL

 





XII DÍA DAS RAPAZAS NAS TICS 2024


 

Xoves 25 abril 2024. Alumnado 3º ESO Educación Dixital

O próximo xoves, 25 de abril, o Centro de Supercomputación de Galicia, a Secretaría Xeral de Igualdade e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia organizamos o "Día das Rapazas nas TIC" (Girls in ICT Day), dirixido especiamente ao alumnado do último ciclo de centros de primaria e secundaria de Galicia. Este ano contamos tamén coa colaboración do CITIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela).

O Día das Rapazas nas TIC é unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que vexan as posibilidades e atractivo do ámbito das tecnoloxías para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.  Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional. https://www.itu.int/women-and-girls/girls-in-ict/

Para celebralo, ese día no CESGA teremos dúas actividades, unha, virtual, para todos os centros de Galicia e outra, presencial, para alumnado dos centros próximos a Compostela:

COLOQUIO VIRTUAL DE TECNÓLOGAS GALEGAS 

CO ALUMNADO DOS CENTROS EDUCATIVOS

Un coloquio virtual dende centros educativos por streaming con 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria poderá coñecer a súa traxectoria previa, o día a día do seu traballo, preguntar calquera dúbida sobre este eido profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido. A apertura institucional do evento será ás 10:45, e o coloquio comezará as 11:00 ata ás 12:30. 




martes, 23 de abril de 2024

FORMACIÓN EN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multidisciplinar Gazapo (Narón), impartiu o primeiro dos seminarios centrados en Robótica e Drons dentro do PFPP F2331055 Polos creativos no CPI Plurilingüe Virxe da Cela, o martes 23 de abril de 2024 (de 16:45 a 19:15h). Nesta primeira sesión o profesorado asistente traballou coa programación de robots M-Bot, utilizando o software Scratch Junior. Esperamos que esta formación anime aos docentes a sacarlle o máximo partido aos recursos materiales dos que dispón o noso centro. De feito, nunha vitrina da Aula Ferraganchos, dispoñemos dunha flota de robots Make-block que xa foron utilizados en cursos anteriores e que están esperando que o alumnado os poña de novo a camiñar e facer diferentes accións!! Ao final da sesión tambén estivemos descubrindo o enorme potencial do Tale-Bot-Pro, que xa se está a usar nas aulas de educación infantil, e tamén con Sphero, unha atractiva bola robótica que permite ao alumnado aprender a programar xogando. O próximo martes 30 abril teremos a segunda e última sesión con Pablo Arribas, que se vai centrar no manexo de drons e no deseño de videoxogos. 












lunes, 22 de abril de 2024

GRAVANDO LOUSA

 Utilización da cortadora-gravadora láser, empréstito do CFR Ferrol, para gravar pezas de lousa para os agasallos ao profesorado do CPI Virxe da Cela participante nesta III Fase do programa Observa-Acción, así como ás 5 mestras do CEIP Pintor Rosales (Madrid) que visitaron o noso centro os días 10 e 11 de abril para realizar a observación. 





jueves, 4 de abril de 2024

EXPERIMENTANDO CON STOP MOTION

Xa de volta das vacacións de Semana Santa damos inicio a este terceiro e último trimestre experimentando coa produción audiovisual e iniciándonos á técnica Stop Motion. O alumnado de 3º da ESO na materia de Educación Dixital poñerá a proba a súa creatividade e dominio técnico tratando de facer animacións mediante a sucesión de imaxes fixas. Utilizaremos a aplicación Stop Motion Studio, instalada nas tabletas do centro, unha das máis sinxelas para iniciarse na creación de películas en stop motion. A aula de Ferraganchos convertiuse nun auténtico plató con diferentes espazos ocupados polas parellas de alumnado que realizan os seus experimentos. 








SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...