miércoles, 16 de febrero de 2022

RADIO XESTEIRA NO DÍA MUNDIAL DA RADIO 2022

 

Alumnado do CPI Virxe da Cela, a través de Radio Xesteira, fai un homenaxe neste día, 13 de febreiro, a este medio, a radio, no Día Mundial da Radio. Esta data tan especial celébrase grazas á UNESCO.

viernes, 11 de febrero de 2022

11 Febreiro. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA


 EXPOSICIÓN DE LIBROS NA BIBLIOTECA





Mujeres Científicas 2022 Alegría Educativa GALEGO by veracruces on Scribd

 
 A continuación compartimos a adaptación da película "Figuras ocultas" baseada na vida da física estadounidense Katherine Johnson , científica espacial e matemática que contribuíu á aeronáutica e aos seus programas espaciais coa aplicación das primeiras computadoras electrónicas dixitais na NASA. Esta curta foi realizada polas alumnas e alumnos do CPI As Mirandas de Ares no curso 2018, centro co que colaboramos. Agora que están a cursar 2º de BAC, desde aquí aproveitamos para desexarlles todo o mellor e animar as rapazas a que contribúan no seu futuro a romper a brecha de xénero no mundo da ciencia e a tecnoloxía.


lunes, 7 de febrero de 2022

Especial radiofónico: entrevista con Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia.


    O alumnado de 6º de educación primaria, alentado pola súa titora Cristina Lage, tras varias sesións de traballo vinculado á participación no programa "Semana do Parlamento na Escola", acadou o seu obxectivo: entrevistar en persoa ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Esta entrevista radiofónica tivo lugar o venres 4 de febreiro de 2022, e está enmarcada dentro do proxecto de radio escolar "Radio Xesteira". Tomando como punto de partida a importancia das nosas institucións e, en concreto, sobre o importante papel do Parlamento,  saíron varias cuestións de relevancia, contestadas con cercanía e con familiaridade por parte do noso Presidente.

jueves, 3 de febrero de 2022

OBRADOIROS DE RADIO

 Un ano máis contamos coa presenza de Laboratorio Radiofónico para impartir obradoiros de radio no CPI Virxe da Cela. Sergio Pascual y Dani Vidal son os encargados de impartir estes obradoiros a alumnado de educación infantil e educación primaria. Dous venres ao mes fanse obradoiros simultáneos na aula Ferraganchos e na Biblioteca Castelao.






SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...