martes, 27 de junio de 2023

Videotitorial Abejitas Zum Zum


Velaquí presentámosvos o noso primeiro videotitorial! O traballo do Clube de xogos de mesa ve a luz xunto co alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria, quen amósannos a xogar ao Abejitas Zum Zum. Un xogo para toda a familia e moi divertido. Agardamos que vos guste.



 

miércoles, 7 de junio de 2023

PFPP "A BIBLIOTECA ESCOLAR: ORGANIZACIÓN, XESTIÓN E DINAMIZACIÓN"

Este curso os participantes da liña de formación PFPP "A Biblioteca Escolar: organización, xestión e dinamización" tiñamos moitas inquedanzas sobre diferentes temas que nos permitisen mellorar na dinamización da mesma. 

Por unha banda, quixemos especializarnos no uso do KOHA (o programa de xestión dos fondos da Biblioteca escolar), aprendendo non só a catalogar libros ou revistas, senón outros recursos coma os diferentes xogos de mesa que forman parte de Ferraganchos.

Por outra banda, quixemos afondar no xeito de contar contos, polo que da man de Sabela Gago descubrimos como contar, dramatizar e enganchar ao alumnado no momento de contar. Ademais ensinounos outras ferramentas que lles permitirán ser creadores das súas propias historias.

Para rematar, da man de Aurora (experta en gamificación e dinamización de xogos) aprendemos a empregar e descfutar os nosos xogos: distinguimos que existe a gamificación, a aprendizaxe baseada en xogos e os serius games. Ademais, clasificamos o fondo de xogos co que contamos en Ferraganchos entre xogos narrativos, xogos de lóxica-matemática e xogos para desfrutar.

Estas foron as nosas aprendizaxes para o presente curso, que sen dúbida foron a semente para a creación de diferentes dinámicas que enriqueceron a dinamización da biblioteca como, por exemplo, foi o Clube de Xogos de mesa.

Conto traballado con Sabela Gago


Mural colaborativo no que se promove a creatividade narrativa




jueves, 1 de junio de 2023

POLOS CREATIVOS E STEM

Unha representante do CPI Virxe da Cela participou nas Xornadas de Polos Creativos que tivo lugar no Edificio Fontán da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, venres 2 de xuño de 2023.

Obxectivos: Coñecer e aplicar metodoloxías de aprendizaxe activa; poñer en valor a utilidade das novas ferramentas dixitais na educación e integralas nos nosos sistemas de ensino e aprendizaxe; coñecer novas metodoloxias que lle permita ao alumnado empregar e crear contidos dixitais como forma de aprendizaxe.

Contidos: Metodoloxías didácticas innovadoras en espazos de aprendizaxe; deseño de futuros espazos de aprendizaxe innovadores; estratexias de dinamización en medios virtuais.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/80559/roman-rodriguez-destaca-que-los-polos-creativos-marcaran-antes-despues-educacion



SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...