Mostrando entradas con la etiqueta dron. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dron. Mostrar todas las entradas

martes, 30 de abril de 2024

SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro o martes 30 de abril de 2024 para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons prevista dentro do PFPP Polos Creativos. Nesta ocasión, os drons foron os protagonistas. Despois dunha breve introdución sobre a normativa destes aparellos, puxémonos mans á obra voando o dron Tello DJI, un minidron que posúe cámara HD. As primeiras maniobras non foron fáciles, pero coa práctica poidémonos facer co co control do aparello. Rematamos a sesión xogueteando coa bola Sphero Mini Blue, unha pelota rotóbica con moitas posibilidades, e aprendendo a deseñar un videoxogo co software Arcade Makecode.  







martes, 23 de abril de 2024

FORMACIÓN EN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multidisciplinar Gazapo (Narón), impartiu o primeiro dos seminarios centrados en Robótica e Drons dentro do PFPP F2331055 Polos creativos no CPI Plurilingüe Virxe da Cela, o martes 23 de abril de 2024 (de 16:45 a 19:15h). Nesta primeira sesión o profesorado asistente traballou coa programación de robots M-Bot, utilizando o software Scratch Junior. Esperamos que esta formación anime aos docentes a sacarlle o máximo partido aos recursos materiales dos que dispón o noso centro. De feito, nunha vitrina da Aula Ferraganchos, dispoñemos dunha flota de robots Make-block que xa foron utilizados en cursos anteriores e que están esperando que o alumnado os poña de novo a camiñar e facer diferentes accións!! Ao final da sesión tambén estivemos descubrindo o enorme potencial do Tale-Bot-Pro, que xa se está a usar nas aulas de educación infantil, e tamén con Sphero, unha atractiva bola robótica que permite ao alumnado aprender a programar xogando. O próximo martes 30 abril teremos a segunda e última sesión con Pablo Arribas, que se vai centrar no manexo de drons e no deseño de videoxogos. 










jueves, 29 de abril de 2021

VOLANDO DRONES

Xoves 29 de abril 2021. Sesión de iniciación ao manexo de drones. O alumnado de 4º da ESO da materia de música, guiado por Johan Palma, aprendeu a montar os drones...., descargar a aplicación.... e poñer en funcionamento o dron. Practicaron durante varios minutos os diferentes movementos (elevación, xiros, direccións), poñendo a proba as súas capacidades motoras. Para a seguinte sesión trataremos de aplicar estos coñecementos relacionándoos coa materia de música, de tal xeito de levar a cabo unha coreografía orquestada con drones. 







Semana de Polos Creativos 25/26

Entre os días 1 e 5 de xuño celebramos no noso centro a Semana de Polos Creativos , unha iniciativa deseñada para achegar ao alumnado e ao p...