jueves, 29 de febrero de 2024

1º SESIÓN FORMACIÓN TÉCNICA PARA COORDINADORES POLOS CREATIVOS. CFR FERROL

 Venres 1 de marzo de 2024, de 16:00 a 20:00. CFR Ferrol


Nos Centros de Formación e Recursos de referencia de cada centro educativo aprenderás a usar os elementos do Polo Creativo a través dun proxecto educativo sinxelo como eixo condutor da aprendizaxe. Serán pequenos obradoiros acerca de corte láser, electricidade, téxtiles, programación, audiovisuais, edición, posprocesado 3D, etc. Todo con carácter práctico e transferible á práctica de aula. Nesta sección tes dispoñible toda a información que precisas para desenvolver exitosamente os obradoiros.

O profesorado deberá asistir a un total de 8h de formación técnica no seu CFR. En Ferrol, estas 8h distribuiranse en dous venres do mes de marzo, de 16:00 a 20:00 cada un, nos que se desenvolverán varios obradoiros prácticos de 2h de duración cada un.

DATAS: 1/03/2024 e 8/03/2024

HORARIO: de 16:00 a 20:00h

O primeiro venres o profesorado realizará dous obradoiros e o seguinte venres, os outros dous. As persoas asistentes seredes distribuídas en grupos no CFR para que, ao final dos dous venres, todos/as teñades pasado por todos os obradoiros. As temáticas e persoas relatoras dos mesmos serán:

- Deseño e impresión 3D con Mª de los Reyes Montero.

- Deseño vectorial, plotter de corte e cortadora láser con Rebeca Blanco.

- Programación: placa programable Micro:bit con Eva Mª Leira.

- Audiovisuais: chroma e stop motion (empregando dispositivos móbiles) con Lucas Rey.

Microbit Polos Cfr Ferrol by veracruces on Scribd




KITS SINGULARES POLOS CREATIVOS: AUTÓMATAS DE PAPEL

O venres 23 de febreiro de 2024 o comedor escolar converteuse nun espacio creativo, onde o alumnado de 3º de educación primaria segueu avanzando na elaboración de propostas de autómatas de papel utilizando os Kits Singulares de Polos Creativos. Estes materiais complementarios están a disposición do profesorado do centro, e en concreto este de automatismos, está composto por contidos creados por Rob Ives, docente e deseñador de modelos en papel e cartón. Despois de anos na docencia comeza a escribir libros amosando todas as súas creacións. Nestas propostas combina os seus deseños orixinais coas máquinas simples e mecanismos. 






miércoles, 28 de febrero de 2024

CHARLA INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL

 Mércores 28 de febreiro 2024, UUMM, de 12:35 a 14:15. Alumnado de 2º, 3º e 4º ESO. David López Sánchez, AMTEGA. Charla "Iniciación segura á pegada dixital"

Hoxe David López deunos unha charla sobre a pegada dixital. Explicounos un  pouco sobre a seguridade nas redes sociais, como  Whatsapp ou  Instagram. Preguntounos cantas contas tiñamos e asesorounos para non aceptar a  xente que non coñecemos ou que sexan "amigos dun amigo".  Tamén  falou sobre o BeReal e  Tik Tok, e advertiunos dos seus perigos, xa que había xente que facía retos que lle  causaban a morte, como  lle aconteceu recentemente a una nena de 8 anos en Perú. David explicounos a Lei de Protección de Datos, para que a tiveramos en conta, e animounos a facer Ego-surfing, isto é,  buscarse a si mismo en Google, para saber si aparece información nosa de carácter persoal. Deunos tamén algún truquiño, como encontrar o teléfono móbil se o pertemos entrando  no buzón de entrada do correo. E falounos dos electrodomésticos que  teñen wifi como as neveiras que se as chegan a hackear poden explotar. Eva Olmedo. 3º ESO






SEXTA SESIÓN FORMACIÓN DIGICRAFT

 Mércores 28 de febreiro 2024. Santiago de Compostela






martes, 27 de febrero de 2024

QUINTA SESIÓN FORMACIÓN DIGICRAFT

 Luns 26 de febreiro 2024. Sesión online de formación ao profesorado participante no Programa Digicraft. Programación. 



lunes, 26 de febrero de 2024

MARACAPÁXINAS DÍA ROSALÍA 2024 CORTADORA-GRAVADORA LÁSER

 Aproveitando a conmemoriación do Día de Rosalía 2024, o venres 23 de febreiro facemos prácticas coa cortadora-gravadora láser deseñando e levando a cabo uns marcapáxinas de Rosalía de Castro. Son probas ou bocetos que perfeccionaremos con máis tempo unha vez que volvamos a reactivar o empréstito da cortadora-gravadora láser (propiedade do CFR de Ferrol), xa que agora temos que facer a devolución. De igual xeito para esta proposta contamos coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, que no caso dunha tirada máis grande, asumirá os gastos para adquirir o material. 








PROGRAMACIÓN MARZO 2024 NOVAS TECNOLOXÍAS CONCELLO DE BETANZOS

 

programación marzo by veracruces on Scribd

martes, 20 de febrero de 2024

ALUMNADO DE EDUCACIÓN DIXITAL 3º ESO UTILIZA A CORTADORA-GRAVADORA LÁSER

 O martes 20 de febreiro de 12:35 a 13:25 horas, o alumnado de 3º da ESO que cursa a optativa de Educación Dixital, visitou a aula de tecnoloxía para facer as primeiras prácticas coa cortadora-gravadora láser. Asesorados por Manuel Sánchez, o profesor de tecnoloxía, os rapaces e rapazas poideron levar a cabo o proceso desde a maquetación da imaxe como da selección dos diferentes parámetros do programa específico Mr Beam, para decidir as características tanto do gravado como do corte, tendo en conta as características do material que se vai a empregar. Neste caso foi unha chapa de madeira, e aproveitando a proximidade da conmemoración do Día de Rosalía (23 febreiro), buscouse unha imaxe icónica da escritora galega. 










lunes, 19 de febrero de 2024

CUARTA SESIÓN FORMACIÓN DIGICRAFT

Luns 19 de febreiro 2024.




LIBRETAS CO LOGO DO CENTRO EDUCATIVO

 A cortadora-gravadora láser que temos á nosa disposición estes días (grazas ao empréstito do CFR de Ferrol), dentro do programa Polos Creativos, está sendo utilizada polo alumnado e profesorado do centro para facer probas, experimentos e tamén para personalizar algúns produtos. Uns dos produtos máis exitosos, e que servirá como agasallo ou obsequio do centro cando así o precise, son as libretas co logo e os datos do CPI Virxe da Cela. 




miércoles, 7 de febrero de 2024

VISITA DA ASESORA DE POLOS CREATIVOS

 Elisa Moreira García, asesora do CFR de Ferrol de Polos Creativas, visita o CPI Virxe da Cela o mércores 7 de febreiro de 2024. Desde inicios de curso deuse unha comunicación fluída coa asesora de Polos Creativos, quen está moi interesada en ofrecer todos os recursos materiais e humanos para implementar os Polos Creativos no noso centro. Despois de chamadas telefónicas e contactos mediante correo electrónico a súa presencia no centro contribúe a unha mellor coordinación, establecendo contactos tanto coa coordinadora de Polos Creativos, coa directora do centro e tamén co profesorado implicado. Nesta primeira visita Elisa comprobou as primeiras experimentacións que se están levando a cabo coa cortadora-gravadora láser, propiedade do CFR de Ferrol, que o noso centro ten en empréstito e que está instalada na aula de tecnoloxía. 



lunes, 5 de febrero de 2024

FORMACIÓN EN CORTADORA/GRAVADORA LÁSER

Martes 6 de febreiro de 2024 teremos unha sesión de formación sobre a cortadora-gravadora láser para o profesorado inscrito no F2306157  PFPP F2331055 Polos creativos no CPI Plurilingüe Virxe da Cela, impartido por Ángel Muíño Blanco, en horario de 16:45 a 18:45.







ROBÓTICA PARA INFANTIL

O noso centro acaba de mercar materiais educativos para traballar a robótica en idades temperás. Xa está a disposición das mestras de infantil, que en breves experimentarán co robot Tale-Bot Pro cos máis pequenos e pequenas do cole. Este robot ten infinidade de aplicacións didácticas, non so para o pensamento computacional, senón incluso para aprender inglés!!






SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...