lunes, 29 de enero de 2024

VIII CONCURSO LITERARIO INFANTIL E XUVENIL SOBRE A PROTECCIÓN DE DATOS

 Desde o Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, convocamos o VIII Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos con motivo do Día Europeo da Protección de Datos (celebrado onte domingo, 28 de xaneiro). Está dirixido a nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria e alumnas e alumnos de 1º a 4º de ESO. O alumnado poderá presentar os seus traballos literarios ata o 28 de febreiro.




Bases VIII Concurso Proteccion Datos 2024 by veracruces on Scribd

CURSOS NOVAS TECNOLOXÍAS AULA CEMIT BETANZOS FEBREIRO 2024

 Difundimos as actividades de formación en torno ás novas tecnoloxías que oferta a Aula CEMIT do Concello de Betanzos.




viernes, 26 de enero de 2024

OBRADOIRO DE RADIO CON AGARESO

Neste segundo trimestre damos comezo ás formacións en radio a cargo de AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). O venres 26 xaneiro 2024 o alumnado de 3º e 4º de EP tiveron a oportunidade de facer un interesante obradoiro centrado nos efectos de son con Rocío Cadahía Fernández, especialista en comunicación para o desenvolvemento con experiencia internacional, escritora de uións para spots, cuñas e documentais de temática social e formadora en técnicas radiofónicas e sensibilización. 




martes, 23 de enero de 2024

BONECA AMPARO DE BODY PLANET

 



CORTADORA E GRAVADORA LÁSER

 Xa temos á nosa disposición a esperada cortadora e gravadora láser, recién montada na aula de tecnoloxía. Esperamos que en breves o alumnado e o profesorado poda xa facer uso desta ferramenta tecnolóxica que ten un amplo abano de usos didácticos. Próximamente o profesorado do centro terá a oportunidade de realizar unha formación sobre o uso e aplicacións desta cortadora e gravadora láser, dentro do PFPP Polos Creativos, da man de relatores expertos recomendados polo CFR de Ferrol. 





lunes, 8 de enero de 2024

GRAVACIÓN E EDICIÓN DE AUDIO CON AUDACITY

No CPI Virxe da Cela apostamos pola aprendizaxe en cascada. O alumnado de 3º da ESO xa se poden considerar expertos na gravación e edición de audio, algo que levan traballando durante o primeiro trimestre na materia de Educación Dixital. Agora, neste segundo trimestre, estes mozos e mozas están a utilizar os seus coñecementos axudando aos máis pequenos. A primeira clase convidada foi a de 4º de Educación Primaria, o martes 16 de xaneiro de 2024. Imos ver si sacamos a diante a edición de son de diferentes materiais que o noso centro compartirá co CEIP Pintor Rosales de Madrid, para a III Fase do Programa Observa-Acción, nesta etapa intraoutonómica "Conecta".  



SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...