martes, 31 de octubre de 2023

lunes, 23 de octubre de 2023

DIGICRAFT NO TEU COLE: FORMACIÓN EN AUTOMATIZACIÓN E DOMÓTICA

O CPI Virxe da Cela participa un curso máis no proxecto "Digicraft no teu cole", no marco do Plan Digitalent, e da man de AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) e a Fundación Vodafone España. 

"Digicraft no teu cole" ten como obxectivo principal o desenvolvemento da competencia dixital na Educación Primaria. O programa ofrece unha formación fundamentalmente práctica para as persoas docentes participantes.  O luns 23 de outubro de 2023, de 16:00 a 18:00 horas, o profesorado participante recibiu a primeira das formacións en formato on-line, no itinerario 3 "Automoción e domótica". 








miércoles, 18 de octubre de 2023

CHARLA INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL

Por segundo ano consecutivo participamos na iniciativa "Iniciación Segura á Pegada Dixital" da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que se desenvolve este curso, ao abeiro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e da Estratexia Dixital 2030, para capacitar ao alumnado no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

David López Buscoy foi o engargado de impartir esta charla para o alumnado de 2º, 3º e 4º ESO, o mércores 18 de outubro de 2023 de 12:35 a 14:15 que explicou con detalle aos nosos estudantes moitas claves para  seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais.  Partindo  dos conceptos de identidade dixital e pegada dixital,  afondouse na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre os rapaces. Tamén se ofreceron ferramentas e explicáronse recursos aos que poder acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía. Foi unha charla moi participativa, na que os rapaces e rapazas expuxeron as súas dúbidas e preocupacións. Esperamos que poda ser un punto de partida para inteactuar coa tecnoloxía dun xeito máis sano e seguro. 



POLOS CREATIVOS

 


A coordinadora do programa Polos Creativos no CPI Virxe da Cela acude, xunto cos coordinadores/as do resto dos centros educativos galegos, a unha xornada de formación que tivo lugar o martes 17 de outubro de 2023 na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). 

Nas vindeiras semanas o noso centro recibirá o correspondente material audiovisual, de electrónica e robótica, de tecnoloxía, téxtil ou de informática, con kits adaptados a cada nivel educativo para poñer en funcionamento os Polos Creativos.

Programa Polos Creativos by veracruces on Scribd

viernes, 13 de octubre de 2023

POLOS CREATIVOS


 

O programa de innovación educativa Polos creativos desenvolverase ao longo deste curso 2023-2024 de xeito gradual, e estará dotado dun completo e moderno equipamento tecnolóxico especializado na adquisición do pensamento computacional e habilidades STEM, de resolución de problemas e creatividade. 

O avanzado deseño do mesmo, en forma de módulos complementarios, fomentará no noso alumnado unha aprendizaxe competencial, activa e manipulativa, afondando nos problemas reais que afectan a nosa sociedade e buscando a resolución creativa dos mesmos baixo diferentes olladas. 

Recibirán esta dotación todos os centros dependentes da CCEFPU que impartan 2º ciclo de EI, EP ou ESO, así como os centros privados sostidos con fondos públicos nestes niveis educativos. Este equipamento, que poderá contar cun espazo propio ou usarse de xeito modular en diferentes espazos educativos, estará ao dispor de toda a comunidade: alumnado, docentes, familias e sociedade local; promovendo unha aprendizaxe entre iguais mediante actividades orientadas cara a investigación, a indagación e a creación artística e musical baixo unha colaboración plena entre todos os niveis educativos.

Cada centro contará co equipamento que corresponda aos niveis educativos que imparta e ao número de alumnado en cada un deles. O Polo creativo será unha gran oportunidade de mellora dos centros, un paso máis aló para seguir avanzando cara a dixitalización plena e a transformación educativa dentro da Estratexia de Educación Dixital 2030. 

Para acadar o éxito esperado todos os centros contarán co apoio especializado da Rede de Formación do Profesorado e cunha persoa mentora específica que acompañará todo o proceso de implantación e formativo.

SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...