martes, 27 de octubre de 2020

IMPRESORA 3D: XORNADAS BIBLIOTECA CREATIVA 2020

 Martes 27 outubro. Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)






A coordinadora da Biblioteca Creativa Castel@b da Biblioteca Castelao participa o martes 27 de outubro de 2020  a unha xornada de formación presencial centrada na impresión 3D para ampliar os coñecementos sobre aspectos relacionados coa biblioteca como laboratorio creativo de aprendizaxe e a cultura maker na biblioteca escolar. Esta formación tivo lugar na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). 

lunes, 26 de octubre de 2020

SESIÓNS EMITIDAS EN LIÑA: XORNADAS FORMACIÓN BIBLIOTECAS CREATIVAS 2020

 

 Luns 26 outubro 2020 a través da plataforma Zoom








O luns 26 de outubro 2020 tivo lugar unha sesión de formación telemática (de 16:00 a 20:00 a través da plataforma Zoom) sobre Bibliotecas Creativas para todos os centros que están no programa (o CPIP Virxe da Cela está por segundo ano consecutivo). Poidemos visionar as charlas de boas prácticas realizados en diferentes bibliotecas escolares galegas, centradas  en contidos relacionados coa biblioteca como laboratorio creativo de aprendizaxes, uso dos robots na biblioteca, contidos, organización e materiais do recuncho manipulativo, deseño e impresión tridimensional, actividades que propician a experimentación, apoio ao desenvolvemento do currículo e reforzo de competencias clave, entre outros. 

SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...