miércoles, 29 de enero de 2020

FORMACIÓN SOBRE "RADIO NA BIBLIOTECA ESCOLAR"

Un numeroso grupo de profesores e profesoras do centro asistiron o pasado martes 28 de xaneiro de 2020 á primeira das dúas sesións de formación sobre "Radio na Biblioteca Escolar" impartida dentro do seminario de formación permanente "Seminario Biblioteca Escolar". Lucía Abarrategui e Sergio Pascual, fundadores do Laboratorio Radiofónico Radio Itinerante Escolar, foron os encargados de impartir esta formación, que nesta primeira sesión tocou tanto  aspectos técnicos (micrófonos, mesa de mezclas, programa Audacity) como literarios (elaboración dun guión radiofónico). Para a vindeira sesión, que terá lugar o próximo martes 4 de febreiro, os profesores/as participantes tendrán que gravar o seu programa radiofónico e poñer en práctica todos os coñecementos adquiridos.






OBRADOIRO ILUSTRACIÓN

Aproveitando que grande parte do alumnado da ESO está de "Semana Blanca" en Andorra, un grupiño de rapaces que quedaron no centro fixeron un obradoiro de ilustración na biblioteca escolar para realizar as portadas dos seus relatos sobre "A Árbore das Palabras" (unha iniciativa dos departamentos de Orientación, Relixión e Valores Éticos para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia 2020). Para as súas ilustracións combinaron técnicas máis clásicas con novas tecnoloxías (teléfonos móbiles). 







viernes, 24 de enero de 2020

CONTACONTOS CON REALIDADE AUMENTADA: MEDUSA SE HA VUELTO A ENFADAR



      Venres 24 de xaneiro 2020. Alumnado Educación Infantil. Comezamos un ciclo de "Contacontos con Realidade Aumentada" co libro "Medusa se ha vuelto a enfadar", da colección Cuentos para emocionarse
      Mesturando a tecnoloxía (dispositivos móbiles, táblets,  Realidade Aumentada) con elementos tradicionais (libros formato papel, figuras de fieltro manipulables) o alumnado de educación infantil descubriu a fermosa historia de Medusa, protagonista do conto "Medusa se ha vuelto a enfadar", aprendendo ao mesmo tempo conceptos como a amizade, a axuda mútua, o traballo en equipo, e outros valores tan necesarios para a súa formación. 











miércoles, 22 de enero de 2020

FORMACIÓN SOBRE REALIDADE AUMENTADA

Curso de formación do profesorado dentro do seminario "Biblioteca Escolar". Tino Fernández imparte unha formación de 3 horas sobre Realidade Aumentada. Martes 21 xaneiro 2020, aula de informática do CPI Plurilingüe Virxe da Cela.





 

SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...