miércoles, 29 de noviembre de 2023

VISITA E FORMACIÓN EN RADIO NA EMISORA CUAC FM

Grazas ao apoio da Fundación Ayuda en Acción, que promoveu a creación dun Club de Radio no CPI Virxe da Cela e organizou esta saída extraescolar, unha ducia de alumnos/as da ESO visitaron as instalacións da emisora CUAC FM  o pasado mércores 29 de novembro de 2023. Ademais dos/as rapaces/zas que forman parte deste recén nacido Club de Radio, sumáronse tamén os/as alumnos/as integrantes do Club de Lectura Larparcontos, xa que aproveitamos esta oportunidade para coñecer as posibilidades da radio para sacar ideas que nos servan para utilizar á hora de elaborar productos radiofónicos centrados nas nosas lecturas. Tivemos unha fantástica acollida por parte de dous dos membros fundadores desta emisora de radio coruñesa, que con moito orgullo fixeron unha visita guiada polas instalacións, situadas no campus universitario de A Zapateira, explicando todo o equipamento e facendo unha visión panorámica da evolución desta radio comunitaria, desde os seus orixes, en 1996. Despois da visita guiada recibimos unha formación teórica, que nos deixou con gañas de seguir traballando con este medio, e, por que non, de volver de novo a finais de curso para poder gravar un programa en directo!! 

Rematamos esta actividade moi motivados coa experiencia, ademais de levar algún agasallo para casa: un par de exemplares do libro Alfabetización mediática y medios de comunicación. Experiencias, aprendizajes y potencialidades para los medios comunitarios, escrito por Isabel Lema Blanco (unha das persoas encargadas de acollernos nesta visita guiada), e tamén varios Cds de Isto é Galego, unha produción de CUAC FM. 

Eu creo que a viaxe que fixemos a Radio CUAC FM serviume para coñecer como se fai radio detrás das cámaras, como é a gravación e a edición de sons ou como se elaboran os guións. Ademais CUAC FM é unha radio comunitaria e independente. Alí nos enseñaron como se formou a Radio CUAC FM, e os seus integrantes. CUAC FM ten uns 26 años e foi creada por universitarios. A min gustaríame facer un programa en directo na emisora ao final de curso, paréceme  interesante. Erik (1º ESO)













Cuac Fm Ies Monfero Taller Radio by veracruces on Scribd


jueves, 23 de noviembre de 2023

III ENCONTRO CIBERSEGURIDADE

O alumnado de 3º da ESO na materia de Educación Dixital realizan un faladoiro en formato radiofónico para dar a coñecer e difundir a III edición do Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal, un evento que se celebrou os días 02 e 03 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, nas instalacións do Edificio Fontán. Os rapaces e rapazas de 3º da ESO reflexionarán sobre algúns dos contidos abordados neste encontro, xa que a seguridade nas redes é un tema a tratar para poder xestionar o noso uso responsable das tecnoloxías e poder evitar potenciales ameazas. 
  

SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...