viernes, 24 de marzo de 2023

FORMACIÓN PARA O PROFESORADO EN IMPRESIÓN 3D

Unha numerosa representación do profesorado do CPI Virxe da Cela asistiu á primeirsa sesión do obradoiro "A impresora 3D como recurso pedagóxico", que tivo lugar o pasado xoves 23 marzo 2023. Esta interesante e innovadora formación, ofertada pola Fundación Ayuda en Acción e impartida por  Monserrat Gorrín Méndez, ten como obxectivo xeral a aproximación teórica e práctica á impresión 3D dentro da aula de primaria e secundaria, e está incluída como actividade do PFPP "Formación en medios e recursos dixitais". Mesturando contidos teóricos e prácticos, nas dúas sesións de formación previstas abordaranse as posibilidades da impresión 3D no ámbito educativo e facilitará aos docentes de novas ferramentas dixitais para utilizar nas aulas.

Nesta primeira sesión o profesorado fixo actividades de deseño 3D utilizando o programa Tinkercad, para a vindeira sesión, que terá lugar o vindeiro xoves 20 de abril de 2023

Podedes atopar os materiais desta formación na seguinte ligazón drive:

https://drive.google.com/drive/folders/12pQpnmHavnqgqVOxbAnD3vz-jhhFuRZv




Contidos Formacióm Impresora 3d by veracruces on Scribd

Ejercicios tinkercad by veracruces on Scribd

SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...