jueves, 27 de mayo de 2021

DESEÑO DE VIDEOXOGOS CON PPG MAKER

O alumnado de 4º da ESO que está cursando a optativa Cultura Científica están a deseñar, guiados polo profesor David Casado, videoxogos sobre a vida de científicos famosos utilizando a aplicación PPG Maker. Rubéne Hugo afondarán na famosa viaxe de Darwin no Beagle; Luca e Dani recrearán a biografía de Félix Rodrígue de la Fuente, e pola súa banda Cristina, Ariadna e Noelia centraranse en varias mulleres científicas. 









PROXECTO DIGICRAFT

Johan Palma, auxiliar de conversa no CPIP Virxe da Cela e coordinador do proxecto Digicraft no noso centro está a piques de presentar os traballos realizados polo alumnado de educación primaria no marco desta iniciativa da Conseleería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Amtega e a Fundación Vodafone España. Ao longo deste curso escolar traballáronse na materia de Arts&Crafts diferentes habilidades dixitais a través do emprego de tecnoloxías emerxentes como vehículo de aprendizaxe (realidade aumentada, intelixencia artificial, videoxogos, robótica). 












ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL VISITA A AULA FERRAGANCHOS

Os pequerrechos/as de 5º de EI visitan a Aula Ferraganchos, acompañados pola súa profesora Ángela e polo auxiliar de conversa Johan Palma. Esta experiencia resulta moi divertida e interesante para os nenos e nenas ao poder coñecer o novo mobiliario e instalacións deste espectacular espazo da nosa escola utilizado para a Biblioteca Creativa e  descubrir a cantidade de xoguetes, xogos e tecnoloxía que teñen á súa disposición. Aproveitaron a visita para aprender valores, utilzar a lingua galega e inglesa e iniciarse no fantástico mundo da "realidade aumentada" a través da lectura do conto "The Great Book of Values".







jueves, 13 de mayo de 2021

CONSTRUÍNDO UN ROBOT

 Presentamos este video no que se pode ver ao alumnado de 3º Educación Primaria do CPIP Virxe da Cela construíndo un robot pintor e guiándo os robots construídos para que sigan un circuito.

miércoles, 12 de mayo de 2021

DEEP NOSTALGIA DE MY HERITAGE

Obradoiro con Johan Palma. Alumnado de 2º de la ESO empregou a ferramenta "Deep Nostalgia" de My Heritage para animar as imaxes de grandes iconos da música: John Lennon, Elvis Presley e Madonna. Ademáis de utilizar este sistema de intelixencia artificial analiza os rasgos das persoas que están na imaxe e as anima para crear a ilusión de movemento, os alumnos/as, divididos en grupos, consultaron diferentes fontes de información para adquirir coñecementos sobre os artistas elixidos. 




martes, 11 de mayo de 2021

DESCUBRINDO DIFERENTES ESPECIES DE PLANTAS E ANIMAIS

Hoxe cos estudantes de terceiro a cuarto da Primaria aprendemos máis sobre de animáiis e plantas. Coa aplicación Seek, usamos a tecnoloxía de recoñecemento de imaxes, e achega aos nenos e a nós á natureza. Cortamos as imaxes de diferentes animais a plantas. Coa tablet escaneamos las imaxes para saber máis sobre a súa familia, clase, a especie. Cun “click” da camara, a aplicación busca detalles sobre cualquera información na súa base de datos. A aplicación non serve só para a aula, en realidade podemos intentar escanear calquera cousa e identificala.

 














viernes, 7 de mayo de 2021

RADIO NA BIBLIOTECA CREATIVA

Diferentes cursos de educación primaria visitan quincenalmente a Aula Ferraganchos para participar nas formacións de radio impartidas a través do Laboratorio Radiofónico. Na actualidade esta aula xa está equipada con todo o material imprescindible para utilizar este medio: micrófonos, cable, mesa de mesturas, programas de ordenador para a edición de son, etc. A formación abarca tanto a parte técnica (utilización de aparellos) como a parte de elaboración de guións radiofónicos, exercicios para a locución, etc.  

jueves, 6 de mayo de 2021

BAIXO O MAR CON ZAPWORKS

BAIXO O MAR CON ZAPWORKS. Coa tecnoloxía que temos hoxe é día é moi fácil converter unha cousa noutra. Coa aplicación Zapworks, e coa axuda de Johan Palma, poidemos animar e poñer informacións na aula de 6 anos de infantil. Escaneando o “zap code” e utilizando a app Zappar podemos visionar as aplicacións, escoitar os sons e ver como funcionan as nosas animacións. O alumnado de 4º de educación primaria utilizaron Zappar para aprender en inglés os animais do fondo mariño.







miércoles, 5 de mayo de 2021

MUSICA CREATIVA CON MAKEY MAKEY

O alumnado de 2º de EP experimentou coa música utilizando Makey Makey. Construimos un xilófono no chan, a base de diferentes placas de cartón que se podían tocar cos pes. Rodeamos os cartóns con papel de aluminio, xa que é un material conductivo. Conectamos o Makey Makey e a tablet. Nun papel contínuo debuxamos mariposas, árbores, flores, ranas e paxaros. Sen zapatos e con moitos sonrisos disfrutamos un montón bailando e tocando a famosa canción “La Cucaracha”.







EXPERIMENTOS MUSICAIS CON CLASH.ME

Johan Palma mostrou ao  alumnado de 2º da ESO as posibilidades creativas que ofrece Clash.me. á hora de crear letras para cancións. Todas estas ferramentas dixitais que estamos a descubrir axudan ao alumnado a coñecer recursos á hora de crear e de gozar coa música.  






SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons...