Durante o segundo e terceiro trimestre do curso 2023-2024 o alumnado de 3º ESO Educación Dixital está a realizar un proxecto colaborativo que consiste nunha sondaxe de certos temas de interese, gustos e hábitos na adolescencia, tendo como grupo de referencia o alumnado que cursa a ESO do CPI Plurilingüe Virxe da Cela. O alumnado de 3º da ESO da materia Educación Dixital, agrupado en parellas, está a levar esta interesante situación de aprendizaxe dividida en varias fases:
- 1ª FASE: Deseño dun formulario Google para a realización da enquisa-sondaxe (alumnado 3º ESO Educación Dixital)
- 2ª FASE: Realización da enquisa-sondaxe polo alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
- 3ª FASE: Análise estatístico e interpretación dos resultados (alumnado 3º ESO Educación Dixital).
- 4ª FASE: Difusión dos resultados entre a comunidade educativa.
Xa deseñados os formularios durante o comezo do terceiro trimestre, o venres 3 de maio de 2024 deuse inicio á segunda fase do proxecto, na que parte do alumnado da ESO desplazouse á aula informática para ir contestando a enquisa.
Unha vez todos os alumnos/as realicen a enquisa, pasaremos ás fase finais, isto é, ao seu análise estatístico e á interpretación dos resultados, que esperemos servan tanto ao alumnado, profesorado, como ás familias a coñecer máis o perfil dos nosos/as adolescentes e deste xeito poder reformular pautas de actuación que axuden aos nosos rapaces e rapazas a vivir máis satisfactoriamente esta etapa das súas vidas e mellorar a súa saúde física e mental e o rendemento escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario