martes, 7 de mayo de 2024

SEGUNDA FORMACIÓN EN E-TÉXTILES

Eva Leira Bouzamayor visita o noso centro o martes 7 maio 2024 para impartir o segundo dos obradoiros programados sobre o E-téxtil dentro do PFPP Polos Creativos. Eva axudou aos participantes a repasar os contidos sobre circuitos eléctricos abordados na primeira sesión formativa, e posteriormente, agulla en man, xa demos paso a traballar con telas e poñer en práctica a maxia da electrónica sobre este soporte. Son múltiples as opcións a realizar, e estas se poden ver multiplicadas se engadimos unha placa microbit. 










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Semana de Polos Creativos 25/26

Entre os días 1 e 5 de xuño celebramos no noso centro a Semana de Polos Creativos , unha iniciativa deseñada para achegar ao alumnado e ao p...