jueves, 9 de mayo de 2024

XORNADA DE REFLEXIÓN PARA COORDINADORES POLOS CREATIVOS








O xoves 9 de maio de 17:00 a 19:00, no CFR de Ferrol, tivo lugar a xornada de reflexión presencial no CFR de Ferrol para as persoas coordinadoras de Polos Creativos. Esta xornada estaba plantexada non so para explicar as evidencias de coordinación e resolución de dúbidas á hora de presentar memorias finais, senón como un espazo de intercambio de boas prácticas en formato mini feira expositiva para compartir experiencias ou actividades desenvolvidas durante este curso académico. O noso centro, CPI Plurilingüe Virxe da Cela, tivo a oportunidade de levar unha pequena mostra física de traballos realizados no marco Polos Creativos (kits singulares, impresión láser, robótica, traballo con resinas), así como unha pantalla expositiva onde se podía visualizar o noso blog https://castelabvirxedacela.blogspot.com/




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Semana de Polos Creativos 25/26

Entre os días 1 e 5 de xuño celebramos no noso centro a Semana de Polos Creativos , unha iniciativa deseñada para achegar ao alumnado e ao p...