martes, 30 de abril de 2024

SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro o martes 30 de abril de 2024 para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons prevista dentro do PFPP Polos Creativos. Nesta ocasión, os drons foron os protagonistas. Despois dunha breve introdución sobre a normativa destes aparellos, puxémonos mans á obra voando o dron Tello DJI, un minidron que posúe cámara HD. As primeiras maniobras non foron fáciles, pero coa práctica poidémonos facer co co control do aparello. Rematamos a sesión xogueteando coa bola Sphero Mini Blue, unha pelota rotóbica con moitas posibilidades, e aprendendo a deseñar un videoxogo co software Arcade Makecode.  







No hay comentarios:

Publicar un comentario

FORMACIÓN ABX

Dentro da formación continua do profesorado, unha das liñas de traballo na que nos estamos a formar, é a aprendizaxe a partir de xogos de me...