Pablo Arribas, da Escola Multidisciplinar Gazapo (Narón), impartiu o primeiro dos seminarios centrados en Robótica e Drons dentro do PFPP F2331055 Polos creativos no CPI Plurilingüe Virxe da Cela, o martes 23 de abril de 2024 (de 16:45 a 19:15h). Nesta primeira sesión o profesorado asistente traballou coa programación de robots M-Bot, utilizando o software Scratch Junior. Esperamos que esta formación anime aos docentes a sacarlle o máximo partido aos recursos materiales dos que dispón o noso centro. De feito, nunha vitrina da Aula Ferraganchos, dispoñemos dunha flota de robots Make-block que xa foron utilizados en cursos anteriores e que están esperando que o alumnado os poña de novo a camiñar e facer diferentes accións!! Ao final da sesión tambén estivemos descubrindo o enorme potencial do Tale-Bot-Pro, que xa se está a usar nas aulas de educación infantil, e tamén con Sphero, unha atractiva bola robótica que permite ao alumnado aprender a programar xogando. O próximo martes 30 abril teremos a segunda e última sesión con Pablo Arribas, que se vai centrar no manexo de drons e no deseño de videoxogos.
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Obradoiro de postais - Educación Infantil
Esta semana, o alumnado de educación infantil en compañía das súas familias, participou nos obradoiros de elaboración de postais de Nadal, q...
-
O alumnado de infantil, pasouse pola aula de Polos para coñecer a Photon, un robot co que as nenas e nenos se inician na programación de for...
-
O alumnado de 5º de Educación Infantil está a traballar por Aprendizaxe Baseado en Xogos e tódolos martes adican un ratiño a usar diferente...
-
Grazas ao PFPP de Polos, poidemos descubrir a multitude de posibilidades que nos ofrece a cortadora láser. Con ela, non só preparamos materi...




No hay comentarios:
Publicar un comentario