jueves, 24 de abril de 2025

DÍA RAPAZAS NAS TIC 2025

O xoves, 24 de abril de 2025, o Centro de Supercomputación de Galicia, a Dirección Xeral de Igualdade e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia organiza o "Día das Rapazas nas TIC" (Girls in ICT Day). Trátase dun animado coloquio virtual dende o CESGA dirixido a centros educativos, no que participan 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de primaria e secundaria poderá preguntar todas aquelas inquedanzas e dúbidas sobre os seus eidos profesionais ou as súas motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido.

Este ano contamos cunha investigadora en física cuántica, unha docente, directora de área e investigadora en telecomunicacións, unha enxeñeira aeroespacial que participa desenvolvendo un coche monoplaza de carreiras e unha enxeñeira informática líder de proxectos internacionais e exitosa creadora de contidos en TikTok e outras RRSS! As catro complementan cos seus perfis diversos unha realidade do mundo profesional na que as tecnoloxías xogan un papel moi importante e as veces non tan "evidente".

A apertura institucional e o coloquio comezará as 11:00, cunha duración de 1 hora e media, ata ás 12:30


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Agasallos de fin de curso

Grazas ao PFPP de Polos, poidemos descubrir a multitude de posibilidades que nos ofrece a cortadora láser. Con ela, non só preparamos materi...