martes, 8 de abril de 2025

Cal é a vida de Chispas?

A cativada de Educación Infantil quere moito á mascota da biblioteca, pero temos un problema! Case non coñecemos nada da súa vida!

Por iso, decimos poñerlle solución. Coa axuda das mestras Alba e Cris, usamos diferentes Intelixencias Artificiais para crear a vida da nosa mascota. En secundaria, a profe Montse nos axudou montando, co seu alumnado, os escenarios máis importantes da vida de Chispas; e a mestra Rocío, gravou co alumnado de Lingua e Literatura galega ou audio da vida de Chispas empregando os elementos da radio do centro.


Grazas a metademolab conseguimos que Chispas camiñase, con Perplexity creamos o prompt para desenvolver as nosas palabras e crear o conto, con Canva montamos todo e velaquí os diferentes pasos:

A historia do lobo Chispas, a mascota da biblioteca

Érase unha vez un lobiño chamado Chispas que vivía no monte do Xestal. Un día, mentres corría entre as árbores, pisou unha ortiga chamada Sanpedra e feriuse nunha pata. Ai! Que lle picou moito! E cando saltou para fuxir, cravou unha espiña no pezuño.

Chispas, coa patiña dorida, viu ao lonxe a escola do Xestal. Decidiu ir pedir axuda. Alí chegou co rabo entre as pernas e os ollos cheos de bágoas. A mestra, que era moi boa, viuo e correu a chamar ao veterinario por teléfono.

O doutor dos animais chegou pronto, sacoulle a espiña con moito coidado e púxolle unha vistosa venda na patiña. «Xa estás ben, pequeno!», díxolle. Chispas sentiuse tan feliz que deu voltas de alegría movendo felizmente a cola.

Cando viu a biblioteca da escola, quedou marabillado: libros de cores, contos con debuxos, un silencio moi acolledor e moita caloriña. Aí descubriu o seu favorito: Os Bolechas. E no conto había un can que tamén se chamaba Chispas! «Isto é máxico!», pensou.

Dende ese día, Chispas quedou a vivir na biblioteca. Gústalle escoitar as historias que os nenos e nenas lle contan e sempre coida os libros coa súa cola erguida. Agora todos din: «Chispas é o noso gardián dos contos».


E o resultado final:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Agasallos de fin de curso

Grazas ao PFPP de Polos, poidemos descubrir a multitude de posibilidades que nos ofrece a cortadora láser. Con ela, non só preparamos materi...