O alumnado de 3º da ESO que cursa a materia de Educación Dixital está a experimentar coa realidade aumentada a través da Boneca Amparo, de Body Planet. De momento os rapaces e rapazas están descubrindo todas as posibilidades desta ferramenta, co emprego dunha aplicación instalada nas tabletas e dispositivos móbiles. A nosa intención é dominar este recurso para no futuro facer unha aprendizaxe en cascada e poder difundir e promocionar estes recursos tecnolóxicos para que sexan usados polo profesorado das diferentes etapas educativas.
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Semana de Polos Creativos 25/26
Entre os días 1 e 5 de xuño celebramos no noso centro a Semana de Polos Creativos , unha iniciativa deseñada para achegar ao alumnado e ao p...


No hay comentarios:
Publicar un comentario