XIV Obradoiro e concurso galego de robótica. A maxia da robótica 2024-25. IGACIENCIA
Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde o obxectivo é adquirir formación precisa para participar no concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas reais, comunicarnos con outras persoas e xestionar múltiples aspectos da nosa vida cotiá.
Obxecto:
Aprender de modo lúdico os conceptos básicos e rudimentos da programación de robótica e resolver unha pequena colección de problemas de robótica do concurso. O enfoque é ver a programación como unha habilidade que calquera pode adquirir, sen importar a idade, nin a formación previa.
Ademais preténdese que o alumnado sinta a paixón pola aprendizaxe, a de integrarse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ofréceselle ao alumnado a oportunidade de desenvolver a creatividade, o pensamento algorítmico e a habilidade para solucionar problemas.
Obradoiro-Exposición.
Duración: 1 hora e 30 minutos co apoio de 5 monitores/as e 15 robots lego EV3, cun sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control.
Fase previa no centro educativo. Iniciación: Cada grupo comeza o seu percorrido cunha presentación e iniciará a familiarización coa linguaxe icónica de programación EV3 de maneira en liña vendo os dous vídeos de Igaciencia Vídeo de Robótica1 e o VideodeRobótica2.
Fase de desenvolvemento. Obradoiro e Concurso:
Duración: 1 hora e 30 minutos co apoio de 5 monitores/as e 15 robots lego EV3, cun sistema de programamción baseado en Labview ou estándar en control.
Obradoiro: na primeira media hora, realizarán o taller interactivo, conformado por unha serie de postos cun computador e un pack Lego xa preensamblado de diversas actividades interactivas, no que realizarán os primeiros programas de forma titorizada por monitores/as e trasladaranos aos robots para que procedan a executalos e contrasten as accións realizadas coas programadas, coa finalidade de darlle vida e facer funcionar ao robot.
Concurso: por último, entregaránselles unha serie de desafíos de dificultade progresiva que deben resolver en grupo mediante traballo colaborativo. As tarefas implicarán unha programación sinxela dun robot e unha adaptación a nivel construtivo.
Por cada desafío realizado correctamente, asignaráselles unha puntuación predeterminada que, unha vez sumada, determinará o seu posto na clasificación final do concurso.
O día 24 de outubro, asistimos a un concurso de robótica en Coruña no Centro Municipal de Emprego. Alí aprendimos a programar un robot desde 0, aínda que na escola tamén fixemos esquemas e vimos vídeos que tamén nos axudaron a aprendizaxe. Unha vez pasamos dividímonos en 2 grupos para recordar o aprendido practicando cun monitores que nos recordaron todo. Despois xa comenzamos o concurso. Estábamos por grupos de 4 personas. A cada grupo entregaron unha ficha cos retos que había que facer co robot. Cada reto tiña unha maior ou menor puntuación e tiñas que conseguir a máxima que poideras. Na miña opinión, pareceume unha actividade moi entretida na que aprendes moito. Xiana (3º ESO).
No hay comentarios:
Publicar un comentario