lunes, 3 de junio de 2024

UNIDAS XAMAIS SERÁN VENCIDAS

Curtametraxe realizada polo alumnado de 5º de EP do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, baixo a dirección de Omar Rabuñal Varela, dentro dos Contratos Programa CPincúe. 

Omar Rabuñal Varela Técnico superior en realización de audiovisuais e espectáculos pola Escola de Imaxe e Son da Coruña, un profesional que estivo vinculado moitos e diversos proxectos do audiovisual. Nas súa palabras:

Neste Obradoiro de 10 horas é o alumnado o que, de maneira integral, se encarga da guionización e a rodaxe da curtametraxe. Nas horas teóricas o alumnado aprendeu os principios básicos da linguaxe audivisual e posta en escena: reglas de encadramento, tipoloxía de planos e movementos de cámara, etc. Analizáronse diversas curtametraxes e películas galegas como Coruña imposible ou Mamasunción. Tamén se explicaron os principios básicos do guión: a estrutura do paradigma clásico en tres actos, puntos de xiro e conflito. As alumnas e alumnos escribiron os seus guións dende o principio: comezando cun remuíño de ideas para crear despois liñas argumentais, pasando pola sinopse e o tratamento, ata chegar ao guión literario. O Obradoiro é unha boa vía para que o alumnado interiorice o problema da inclusión. Non só por facer un guión que denuncie as desigualdades que poidan existir nos centros de ensino, senón porque tamén, cando actúan, teñen que poñerse na pel tanto dos afectados por problemas de inclusión, como na dos acosadores, producíndose deste xeito, un fenómeno de empatía moi difícil de lograr doutras maneiras. O espírito do Obradoiro, é que o alumnado aprenda “xogando”. Por iso aproveitouse o magnífico campo de fútbol para contar esta historia sobre machismo nas aulas. Omar Rabuñal Varela.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ALUMNADO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA EXPERIMENTA COA RADIO

Durante varios días do mes de novembro os nenos e nenas de 2º de EP visitarán a Aula de Ferraganchos para experimentar coa radio. Acudirán ...