jueves, 6 de junio de 2024

GRAVADORA LÁSER: COÑECES AS NOSAS ALDEAS?

 Este curso escolar comezamos a experimentar coa gravadora laser e indagamos nas súas posibilidades creativas.

Así, coa gravadora láser achegámonos ao deseño de produtos vendo o fundamental que é coñecer as propiedades as dimensións e as medidas tanto dos obxectos cos que vamos a interactuar como dos deseños que neles queremos trasladar. 

Vimos que os materiais teñen diferentes durezas e que as mesmas veñen determinadas por varias variables: plasticidade, rixidez elástica, ductilidade, tenacidade, deformación, resistencia, viscoelasticidade e viscosidade, tendo en conta que as mesma pódense variar en función de procesos físicos e químicos (por exemplo, a través de alleacións). Dependendo destas características aplicaremos uns ou outros parámetros na intensidade e na profundidade na que queremos que interactúe o láser.  

Falamos, por exemplo, nas profundidades de gravado e os efectos visuais que nos materiais supoñen. Iso si, sen deixar de lado a importancia do ensaio error. A tecnoloxía é un produto da evolución científica das sociedades e precisamos do talento das persoas para que faciliten e melloren a vida das mesmas e do conxunto do planeta.

Desta forma, despois de experimentar con diferentes materiais realizamos unha proposta: gravar en tiras de cortiza os nomes das nosas aldeas, daquelas nas que vivimos. Foi o punto de partida para comprobar que aínda temos moitos lugares por coñecer. Espazos cunha gran riqueza patrimonial, de xentes e de historias de vida.

Unha vez gravadas as colocamos nos corredores do centro, sendo a base para expoñer os talentos do alumnado de cada unha das aulas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

ALUMNADO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA EXPERIMENTA COA RADIO

Durante varios días do mes de novembro os nenos e nenas de 2º de EP visitarán a Aula de Ferraganchos para experimentar coa radio. Acudirán ...