miércoles, 5 de junio de 2024

CREANDO MISMUNDILLOS


Os tempos de lecer son o momento ideal para desconectar da actividade mental dos tempos lectivos e tamén para desenvolver a socialización, a motricidade física e emocional do alumnado.  Neles, se practican e aprenden as normas sociais e culturais ao tempo que se regula o comportamento do alumnado atendendo a intereses e preferencias de xogo.  

As mesmas, deben atender á cultura propia da infancia ofrecendo un espazo no que poidan xogar e xestionar ás súas relacións e dar vida a súa actividade creativa e emocional.

Para isto, os espazos deben ofrecer diferentes oportunidades de acción nas que o alumnado sinta que os seus xogos teñen cabida no mesmo. Desta forma, o alumnado patexou a principio de curso que querían contar espazos diferenciados dentro do lecer: para poder xogar en calma, para manter certa actividade ou para expandir toda a súa enerxía e actividade.

Pero, como facelo?

Aquí entra unha casualidade, o cambio nas liñas de teléfono nos concellos que fixo que a empresa que se ocupaba desta instalación nos cedese as bobinas de cabreado unha vez baleiras. 

Este foi o punto de partida do que hoxe xa esta no patio: unhas fermosas mesas elaboradas polas diferentes clases da etapa da Ed. Primaria dentro dun esforzo compartido e sumativo. Tiveron que deseñar, limpar e lixar. Tamén revestir e decorar: quen pode dar máis? As mesmas as complementamos cun encerado tradicional.

O mellor de todo: velos xogar e gozar do seu propio espazo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fedellando en Infantil

Neste primeiro trimestre, nos ambientes de educación infantil, fomentouse a creatividade e o pensamento computacional a través do uso de mat...