#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
viernes, 31 de mayo de 2024
jueves, 30 de mayo de 2024
CONTO MUSICADO POLO ALUMNADO DE 2º EP
O alumnado de 2º EP visitou a aula de Ferraganchos para realizar a gravación e a edición dun conto musicado que servirá de base para a súa actuación no Festival dos Maios que terá lugar mañá venres 31 de maio de 2024. Utilizaron como base musical un fermoso conto tradicional xaponés titulado Akai Hana, musicada polo compositor Mie Nakabayashi. Akai Hana conta a historia de amor dun mozo que lle regala unha flor vermella á súa namorada e cando a pon na cabeza é tan fermosa como o sol, e cando lle regala unha flor branca e a pon na cabeza é tan fermosa coma a lúa.
Unha vez redactada a historia na súa aula, utilizaron o programa Audacity para gravar a narración, e posteriormente editala para que coincidise nas partes da melodía que cadraban ben coa historia que se quería narrar a través da coreografía.
É moi importante poder dominar a tecnoloxía da que dispoñemos no centro para facer proxectos noutros ámbitos, sobre todo nunha conmemoración a nivel de centro da cal disfrutaremos toda a comunidade educativa.
miércoles, 29 de mayo de 2024
VIDEOTITORIAL CÓDIGO SECRETO.
Outra parte fundamental que se intenta dinamizar a través do Clube de Xogos de mesa, é a creación de contido audiovisual en galego. Por iso, no clube de xogos de mesa, tras crear a versión galega do Código Secreto, decidimos gravar o videotitorial explicando a dinámina e regras do mesmo.
CLUBE DE XOGOS DE MESA
Outro curso máis, durante os leceres de comedor, o alumnado (de 4º EP a 4º ESO) tivo a posibilidade de desfrutar quincenalmente das xuntanzas do clube de xogos de mesa.
Este curso, case 40 alumnos participaron das xuntanzas do clube, elaborando como producto final do mesmo un "código secreto" con vocabulario en galego, dinamizando así a nosa linga ao reversionar un xogo do que non existe edición galega.
FORMACIÓN ABX: APRENDIZAXE BASEADO NO XOGO
martes, 28 de mayo de 2024
PROXECTO TODO MÚSICA
Todo música é un interesante proxecto iniciado en decembro de 2023 por Marcos Garabana, un alumno de 3º de ESO que cursa as materias de Música e Educación Dixital. Consiste nunha lista de música de corenta cancións onde toda a xente da comarca e dos arredores pode votar rellenando un cuestionario. Neste tamén se poden votar as cancións a entrar a semana vindeira e podes recomendar candidatos.Explicado coas súas propias palabras:
Para facer a lista cada semana descargo os videos de YouTube cun convertidor de YouTube a MP4, en concreto este mesmo: YT5s (Convertidor de Youtube a MP4 | YT5s) e logo pásoas a Canva (canva.com/projects). Córtoas para poñer so no video de cada semana a parte do estribillo de cada canción para que quede mellor e a xente escoite as cancións na súa mellor parte. Por último para calcular os votos poño as respostas do cuestionario nunha folla de cálculo e vanme saíndo os postos. Logo como xa dixen poño todo en Canva, uns retoquiños e listo. Pero claro, cando sae a lista hai que actualizar a web oficial e a playlist. Cada semana sae unha lista, normalmente os sábados aínda que algunhas semanas saen os miércoles da siguiente. Marcos Garabana Tojeiro
EDUCACIÓN INFANTIL UTILIZA A CORTADORA-GRAVADORA LÁSER COMO RECURSO
A HISTORIA FAMILIAR A TRAVÉS DA FOTOGRAFÍA DOCUMENTAL
O alumnado de 3 anos de EI levou a cabo durante o segundo trimestre un proxecto sobre a historia familiar a través da fotografía documental. Os nenos e nenas aprenderon a percibir o paso de tempo a través da fotografía, iniciando este proceso elaborando unha árbore xeneralóxica sobre a súa familia, explicando os seus membros, a súa relación e falamos dos diferentes tipos de familias. Para fomentar a narrativa visual, crearos monicreques con fotografías dos seus familiares e elaboraron unha historia nun teatro de sombras.
Logo con imaxes antigas sobre o seu seo familiar, as familias relataban quen eran os seus antepasados. Despois, eles mesmos comunicaban isto aos seus compañeiros e a toda a comunidade educativa dende Radio Xesteira.
Engadiron a creación dunha historia modular, realizada con imaxes das súas casas e casas abandonadas da zona, enriquecendo o patrimonio cultural da zona. Con todo este traballo mesturando a creatividade, a fotografía e o patrimonio familiar e cultural da zona damos por finalizado este proxecto.
Para todo isto contamos coa axuda na nosa súper mestra de prácticas Sara que é unha artista!
RTVENXEBRE E RADIO XESTEIRA: A VOZ DA INFANCIA RURAL
A radio é un unha ferramenta pedagóxica e dixital utilizada no noso centro educativo desde hai varios anos. Ademais do uso libre que se fai desta ferramenta por parte do profesorado e grupos de alumnado, participamos en diferentes programos e proxectos radiofónicos tanto de maneira institucional como a través de colaboracións. Queremos destacar a importante axuda que a Fundación Ayuda en Acción está a ofrecer no noso centro desde hai máis dunha década para a loita contra as desigualdades e fomentar a igualdade de oportunidades.
RTVEnxebre é un proxecto de Ayuda en Acción co apoio da Xunta de Galicia. Desenvolve: AGARESO, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social. Fomentar a participación infantil, favorecer a inclusión e o desenvolvemento socio educativo da infancia rural e a posta en valor da cultura rural galega son os obxectivos que a Fundación Ayuda en Acción marcouse xa no ano 2018 para dar inicio a este proxecto, a través da creación de tres radios rurales escolares nas localidades coruñesas de Mazaricos, Zas e Monfero.
Contamos co apoio de profesionais que visitan o noso centro quincenalmente para ofrecer formación ao alumnado de educación primaria, e así permitir alzar a voz e participar activamente aos escolares, falando dos temas que lles preocupan. Neste curso 2023-2024 realizáronse variados podcast que queremos compartir coa comunidade educativa:
O mar: Programa completo realizado polo alumnado de 3ºEP. Programa con todos os contidos realizados durante o curso polos nenos e nenas de 3º de primaria na súa investigación sobre o mar.
O abandono animal: Programa completo realizado polo alumando de 4ºEP con todos os contidos realizados durante o curso polos nenos e nenas de 4º de primaria na súa investigación sobre o abandono animal.
A muller no rural: Programa completo do alumando de 5ºEP, con todos os contidos realizados durante o curso polos nenos e nenas de 5º de primaria na súa investigación sobre a Muller no rural.
Os deportes: Programa completo do alumnado de 6ºEP con todos os contidos que realizaron durante o curso os mozos e mozas de 6º de primaria no seu proceso de investigación sobre os deportes.
Entrevista a Mikel Pasabant, campión de vela, polo alumnado de 6º. O alumnado de 6º centrou a súa investigación nos deportes, e quen mellor para falar dun deles, que un campión! Mikel Pasabant que ademáis de ser profe de inglés no cole é tamén campión de vela! e moito máis, xa veredes!!
lunes, 27 de mayo de 2024
viernes, 24 de mayo de 2024
COSTURA E TÉXTILES: PANCARTA FEIRA SOLIDARIA
Alumnado de 4º da ESO posan coa súa profesora de Educación Plástica, Visual e Audiovisual (Marta Novo), ensinando a pancarta que realizaron para acompañar ás Feiras e Rastros Solidarios que levamos celebrando desde fai máis dunha década no noso centro educativo, promovidos por Monferosolidario. O alumnado participou democráticamente na elección do deseño e dos materiais, e neste caso elixiuse a utilización de téxtiles e costura para acompañar á técnica de estampación en tinta. Utilizando unha máquina de coser poideron unir as letras de tela no texido da pancarta, e deste modo teremos unha lona que se poderá lavar e reutilizar tantos anos como queiramos!
lunes, 20 de mayo de 2024
FORMACIÓN ABX
KITS SINGULARES POLOS CREATIVOS
O alumnado de educación primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela puxo a proba a súa creatividade e inventiva utilizando os diferentes materiais Kits Singulares proporcionados dentro do programa Polos Creativos. Se queredes ver unha pequena mostra dos traballos realizados animámosvos a visionar o seguinte vídeo.
VIDEOPRODUTO E PRESENTACIÓN INTERACTIVA "BUSCANDO EVIDENCIAS"
"Buscando Evidencias" é o videoproduto elaborado polo CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero, A Coruña) para difundir a súa participación na III Fase do Programa Observa-Acción durante o curso 2023-2024.
viernes, 10 de mayo de 2024
ENTREVISTA RADIOFÓNICA A MIKEL PASABANT
Mikel Pasabant, deportista de élite na especialidade de vela, que compaxina a súa paixón co deporte coa faceta de docente no propio CPI Virxe da Cela, onde imparte a materia de inglés na ESO e realiza o cargo de Xefe de Estudos en secundaria.
jueves, 9 de mayo de 2024
CONCURSO VOUCHO CONTAR. PRENSA ESCUELA
O 8 de maio de 2024 o suplemente "La Voz de la Escuela " do xornal La Voz de Galicia fai mención ao CPI Virxe da Cela, describindo o podcast radiofónico realizado polo alumnado de 3º da ESO que participou no concurso "Voucho Contar" de La Voz de la Escuela.
"En el CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, por su parte, este concurso sirvió para trabajar una noticia de actualidad, como es la guerra entre Israel y Hamás, y los estudiantes de la asignatura Proxecto competencial elaboraron un pequeño programa de actualidad, la dramatización de un programa de entrevistas a gente que vive en Gaza".
XORNADA DE REFLEXIÓN PARA COORDINADORES POLOS CREATIVOS
O xoves 9 de maio de 17:00 a 19:00, no CFR de Ferrol, tivo lugar a xornada de reflexión presencial no CFR de Ferrol para as persoas coordinadoras de Polos Creativos. Esta xornada estaba plantexada non so para explicar as evidencias de coordinación e resolución de dúbidas á hora de presentar memorias finais, senón como un espazo de intercambio de boas prácticas en formato mini feira expositiva para compartir experiencias ou actividades desenvolvidas durante este curso académico. O noso centro, CPI Plurilingüe Virxe da Cela, tivo a oportunidade de levar unha pequena mostra física de traballos realizados no marco Polos Creativos (kits singulares, impresión láser, robótica, traballo con resinas), así como unha pantalla expositiva onde se podía visualizar o noso blog https://castelabvirxedacela.blogspot.com/
miércoles, 8 de mayo de 2024
ROBÓTICA EN EDUCACIÓN INFANTIL
Na aula de 4 de educación infantil, usamos a robótica para traballar a lectoescritura e as habilidades metafonolóxicas.
Co tale-bot levamos a cabo tarefas onde desenvolvemos as vogais e os seus nomes: identificando as coordenadas para atopar unha imaxe que comezara por…, contando o número de sílabas, identificando o seu nome mediante lecto global e o dos seus compañeiros/as.
martes, 7 de mayo de 2024
SEGUNDA FORMACIÓN EN E-TÉXTILES
sábado, 4 de mayo de 2024
ELABORACIÓN DE ENQUISAS E ANÁLISE DE DATOS
Durante o segundo e terceiro trimestre do curso 2023-2024 o alumnado de 3º ESO Educación Dixital está a realizar un proxecto colaborativo que consiste nunha sondaxe de certos temas de interese, gustos e hábitos na adolescencia, tendo como grupo de referencia o alumnado que cursa a ESO do CPI Plurilingüe Virxe da Cela. O alumnado de 3º da ESO da materia Educación Dixital, agrupado en parellas, está a levar esta interesante situación de aprendizaxe dividida en varias fases:
- 1ª FASE: Deseño dun formulario Google para a realización da enquisa-sondaxe (alumnado 3º ESO Educación Dixital)
- 2ª FASE: Realización da enquisa-sondaxe polo alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
- 3ª FASE: Análise estatístico e interpretación dos resultados (alumnado 3º ESO Educación Dixital).
- 4ª FASE: Difusión dos resultados entre a comunidade educativa.
Xa deseñados os formularios durante o comezo do terceiro trimestre, o venres 3 de maio de 2024 deuse inicio á segunda fase do proxecto, na que parte do alumnado da ESO desplazouse á aula informática para ir contestando a enquisa.
Unha vez todos os alumnos/as realicen a enquisa, pasaremos ás fase finais, isto é, ao seu análise estatístico e á interpretación dos resultados, que esperemos servan tanto ao alumnado, profesorado, como ás familias a coñecer máis o perfil dos nosos/as adolescentes e deste xeito poder reformular pautas de actuación que axuden aos nosos rapaces e rapazas a vivir máis satisfactoriamente esta etapa das súas vidas e mellorar a súa saúde física e mental e o rendemento escolar.
ALUMNADO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA EXPERIMENTA COA RADIO
Durante varios días do mes de novembro os nenos e nenas de 2º de EP visitarán a Aula de Ferraganchos para experimentar coa radio. Acudirán ...
-
Outro curso máis, durante os leceres de comedor, o alumnado (de 4º EP a 4º ESO) tivo a posibilidade de desfrutar quincenalmente das xuntanz...
-
Grazas ao apoio da Fundación Ayuda en Acción , que promoveu a creación dun Club de Radio no CPI Virxe da Cela e organizou esta saída extra...
-
Outra parte fundamental que se intenta dinamizar a través do Clube de Xogos de mesa, é a creación de contido audiovisual en galego. Por iso,...