viernes, 20 de diciembre de 2024

As chapas máis molonas

 No mes de decembro tivemos a primeira reunión do novo club de lectura do noso centro para EP. 

Somos 20 alumnos/as de 5º e 6º de EP divididos en dous grupos de 10 que nos reuniremos os martes unha vez ao mes no recreo do comedor. 

Para comezar estivemos falando do que era un club de lectura e que actividades podería haber,  despois puxémoslle nome: mundo de letras

Esta decisión foinos difícil de tomar porque a outra opción: unha nova dimensión, so perdeu por un voto! 

Nesta sesión tamén entregamos as nosas lecturas que este curso se van a basear no teatro xa que é o tema das Bibliotecas Escolares: a escea! 

- As terapias da doutora Ledicia de Raquel Castro. Editorial Galaxia. 

- Wombo Combo de Paula Carballeira editado en Xerais (prestados polo club de lectura "Faragullas de papel" do CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral).

Para rematar, fixemos as nosas chapas identificativas, a verdade foi que nos marchou o tempo sen darnos conta!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Agasallos de fin de curso

Grazas ao PFPP de Polos, poidemos descubrir a multitude de posibilidades que nos ofrece a cortadora láser. Con ela, non só preparamos materi...