Mércores 27 novembro 2024.
Este programa institucional (Xunta de Galicia) que ten como obxectivo capacitar ao alumnado no uso responsable das TIC, reforzando a competencia en redes sociais, explicando a identidade dixital e axudando a configurar a privacidade, ofrecendo ferramentas de axuda.
Será impartido por David López Buscoy, técnico de AMTEGA (Agencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).
O obradoiro ten unha duración de 2 sesións, e dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO.
É o terceiro ano consecutivo que o noso centro solicita este programa de Iniciación Segura á Pegada Dixital, considerando que é de vital importancia nesta etapa do noso alumnado (adolescencia).
No hay comentarios:
Publicar un comentario