Actividades programadas para o mes de xullo na Aula CeMIT do Concello de Betanzos.
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
miércoles, 26 de junio de 2024
jueves, 13 de junio de 2024
PRESENTACIÓNS CON INTELIXENCIA ARTIFICIAL
Alumnado de 3º da ESO na materia de Educación Dixital seguen a investigar e experiementar con recursos variados que ofrece a intelixencia artificial. Neste caso utilizaron Gamma, unha plataforma de creación e edición de presentacións, documentos e páxinas web asisitida pola intelixencia artificial, onde facilmente pódese crear contido informativo e atractivo. Estas presentacións creadas pola intelixencia artificial pódense editar, para deixar tamén que o noso factor humano teña cabida. O alumnado de 3º fixo uso deste innovador recurso didáctico nun proxecto colaborativo, xa que este tempo investido na materia de Educación Dixital serve para preparar contidos da materia de música. Non obstante, para defender en público a nosa presentación, precisamos outros recursos e competencias que van máis aló da intelixencia aritificial!!
sábado, 8 de junio de 2024
CREANDO METAVERSOS
O alumnado de 3º Educación Dixital descubriu as posibilidades do programa Spatial.ia para crear o seu propio metaverso e avatar e experimentar elixindo o tipo de escenario, engadíndolle mobiliario e obxectos e embebendo diferentes arquivos multimedia (videos, presentacións, fotos, audios, etc).
jueves, 6 de junio de 2024
GRAVADORA LÁSER: COÑECES AS NOSAS ALDEAS?
Este
curso escolar comezamos a experimentar coa gravadora laser e indagamos nas súas
posibilidades creativas.
Así,
coa gravadora láser achegámonos ao deseño de produtos vendo o fundamental que é
coñecer as propiedades as dimensións e as medidas tanto dos obxectos cos que
vamos a interactuar como dos deseños que neles queremos trasladar.
Vimos
que os materiais teñen diferentes durezas e que as mesmas veñen determinadas
por varias variables: plasticidade, rixidez elástica, ductilidade, tenacidade,
deformación, resistencia, viscoelasticidade e viscosidade, tendo en conta que
as mesma pódense variar en función de procesos físicos e químicos (por exemplo,
a través de alleacións). Dependendo destas características aplicaremos uns ou
outros parámetros na intensidade e na profundidade na que queremos que
interactúe o láser.
Falamos,
por exemplo, nas profundidades de gravado e os efectos visuais que nos
materiais supoñen. Iso si, sen deixar de lado a importancia do ensaio error. A
tecnoloxía é un produto da evolución científica das sociedades e precisamos do
talento das persoas para que faciliten e melloren a vida das mesmas e do
conxunto do planeta.
Desta
forma, despois de experimentar con diferentes materiais realizamos unha
proposta: gravar en tiras de cortiza os nomes das nosas aldeas, daquelas nas
que vivimos. Foi o punto de partida para comprobar que aínda temos moitos
lugares por coñecer. Espazos cunha gran riqueza patrimonial, de xentes e de
historias de vida.
Unha vez gravadas as colocamos nos corredores do centro, sendo a base para expoñer os talentos do alumnado de cada unha das aulas.
IMPRESIÓN 3D
Durante as últimas semanas de clase o alumnado de 3º Educación Dixital está a experimentar coa impresora 3D Leapfrog de Ricoh.
miércoles, 5 de junio de 2024
CREANDO MISMUNDILLOS
Os tempos de lecer son o momento ideal para
desconectar da actividade mental dos tempos lectivos e tamén para desenvolver a
socialización, a motricidade física e emocional do alumnado. Neles, se practican e aprenden as normas sociais
e culturais ao tempo que se regula o comportamento do alumnado atendendo a
intereses e preferencias de xogo.
As mesmas, deben atender á cultura propia da
infancia ofrecendo un espazo no que poidan xogar e xestionar ás súas relacións
e dar vida a súa actividade creativa e emocional.
Para isto, os espazos deben ofrecer diferentes
oportunidades de acción nas que o alumnado sinta que os seus xogos teñen cabida
no mesmo. Desta forma, o alumnado patexou a principio de curso que querían contar
espazos diferenciados dentro do lecer: para poder xogar en calma, para manter
certa actividade ou para expandir toda a súa enerxía e actividade.
Pero, como facelo?
Aquí entra unha casualidade, o cambio nas liñas de teléfono nos concellos que fixo que a empresa que se
ocupaba desta instalación nos cedese as bobinas de cabreado unha vez baleiras.
Este foi o punto de partida do que hoxe xa
esta no patio: unhas fermosas mesas elaboradas polas diferentes clases da etapa
da Ed. Primaria dentro dun esforzo compartido e sumativo. Tiveron que deseñar,
limpar e lixar. Tamén revestir e decorar: quen pode dar máis? As mesmas as complementamos
cun encerado tradicional.
O mellor de todo: velos xogar e gozar do seu
propio espazo.
martes, 4 de junio de 2024
REVISTA #CASTEL@B
Utilizando Canva, a ferramenta gratuíta online de deseño de deseño gráfico, estamos a maquetar unha revista onde se podan amosar todos os productos realizados durante o presente curso académico 2023-2024 dentro dos Polos Creativos do CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Empregamos como portada a porta da nosa Aula Ferraganchos, o espazo innovador creativo de referencia no noso centro. A revista recollerá tanto as actividades de formación realizadas dentro do PFPP F2331055 Polos creativos no CPI Plurilingüe Virxe da Cela como as diferentes accións vinculadas a polos realizadas polo alumnado e profesorado do centro. A revista #Castel@b está escrita en lingua galega e conta co apoio do EDLG e da Biblioteca Castelao.
Esta revista está en proceso de elaboración, e gustaríanos poder ter lista unha versión en dixital antes de que remate o curso. Temos en proxecto iniciar o vindeiro curso académico dar continuidade á revista, tratando de sacar un número cada trimestre, non so en formato dixital, tamén en formato papel.
lunes, 3 de junio de 2024
UNIDAS XAMAIS SERÁN VENCIDAS
Curtametraxe realizada polo alumnado de 5º de EP do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, baixo a dirección de Omar Rabuñal Varela, dentro dos Contratos Programa CPincúe.
Omar Rabuñal Varela Técnico superior en realización de audiovisuais e espectáculos pola Escola de Imaxe e Son da Coruña, un profesional que estivo vinculado moitos e diversos proxectos do audiovisual. Nas súa palabras:
Formación Maker Store
Dende o PFPP de Polos Creativos estamos a contar con Carmela de Maker Store Carballo como a nosa formadora. Grazas a ela aprendemos todo o ...

-
Na aula de 5º de Educación Infantil fomos cociñeiros! Fixemos entre todos marmelada de figos. A elaboración dunha receita de cociña é unh...
-
Neste primeiro trimestre, nos ambientes de educación infantil, fomentouse a creatividade e o pensamento computacional a través do uso de mat...
-
Outro curso máis, durante os leceres de comedor, o alumnado (de 4º EP a 4º ESO) tivo a posibilidade de desfrutar quincenalmente das xuntanz...