martes, 30 de abril de 2024

SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multimedia Gazapo (Narón), visitou de novo o noso centro o martes 30 de abril de 2024 para realizar a segunda das formacións en Robótica e Drons prevista dentro do PFPP Polos Creativos. Nesta ocasión, os drons foron os protagonistas. Despois dunha breve introdución sobre a normativa destes aparellos, puxémonos mans á obra voando o dron Tello DJI, un minidron que posúe cámara HD. As primeiras maniobras non foron fáciles, pero coa práctica poidémonos facer co co control do aparello. Rematamos a sesión xogueteando coa bola Sphero Mini Blue, unha pelota rotóbica con moitas posibilidades, e aprendendo a deseñar un videoxogo co software Arcade Makecode.  







jueves, 25 de abril de 2024

CIRCUITOS DE PAPEL

 O noso centro está a participar na III Fase do Programa Observa-Acción, e unha das prácticas docentes que como centro anfitrión  quixemos amosar ao grupo de profesorado do CEIP Pintor Rosales de Madrid que visitou noso centro os días 10 e 11 de marzo de 2024 foi a de iniciación á electrónica a través da creación de circuitos de papel. Os circuitos de papel son experimentos moi demandados polo alumnado de educación primaria, e son levados a cabo tanto en horario lectivo na materia de Proxecto Competencial en EP, como algúns días no tempo de lecer no comedor.







XII DÍA DAS RAPAZAS NAS TICS 2024

Este é o segundo ano que o noso centro se anima a participar na interesante iniciativa de conmemorar o Día das Rapazas nas TICs (Girls in ICT Day), celebrado o pasado xoves 25 de abril de 2024. O Día das Rapazas nas TIC é unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que vexan as posibilidades e atractivo do ámbito das tecnoloxías para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.  

O alumnado de 3º da ESO asistiu na Aula Ferraganchos a una videoconferencia organizada polo Centro de Supercomputación de Galicia, a Secretaría Xeral de Igualdade e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e tamén coa colaboración do CITIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela). Nesta videoconferencia-coloquio 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, explicaban á mocidade como foi toda a  súa traxectoria previa, por que se decantaron a estudar unha carreira tecnolóxica, como é o día a día do seu traballo,  e moitas outras anécdotas personais que, sen dúbida, poderán animar a moitas das estudantes a seguir os seus pasos, e a fin e ao cabo, a desmontar moitos prexuizos e romper barreiras que nos permitan avanzar de cara á igualdade. 

Os rapaces e rapazas de 3º da ESO estiveron a tomar apuntamentos da información máis relevante e xa están a elaborar un podcast radiofónico para difundir entre toda a comunidade educativa esta iniciativa de Día das Rapazas nas TICs.






 

miércoles, 24 de abril de 2024

XINCANA SPHERO

O alumnado de 3º da ESO na materia de Educación Dixital realizou unha divertida xincana utilizando bolas robóticas Sphero mini. Divididos en parellas e pequenos grupos, a misión consistía en desempaquetar a bola Sphero da súa embalaxe, tratar de descifrar o seu uso mediante a búsqueda de información en internet (documentos coas instrucións e videos en youtube), descargar nos dispositivos móbiles as apps necesarias para o seu manexo. Foi unha actividade moi divertida onde o alumnado, altamente motivado, tratou de facer uso das súas habilidades e competencias. En próximas sesións, se é que temos tempo antes de que remate este curso, trataremos de elaborar un tutorial en formato audiovisual para promocionar este producto de robótica e animar á comunidade educativa a perderlle medo á computación. 



martes, 23 de abril de 2024

FORMACIÓN EN ROBÓTICA E DRONS

Pablo Arribas, da Escola Multidisciplinar Gazapo (Narón), impartiu o primeiro dos seminarios centrados en Robótica e Drons dentro do PFPP F2331055 Polos creativos no CPI Plurilingüe Virxe da Cela, o martes 23 de abril de 2024 (de 16:45 a 19:15h). Nesta primeira sesión o profesorado asistente traballou coa programación de robots M-Bot, utilizando o software Scratch Junior. Esperamos que esta formación anime aos docentes a sacarlle o máximo partido aos recursos materiales dos que dispón o noso centro. De feito, nunha vitrina da Aula Ferraganchos, dispoñemos dunha flota de robots Make-block que xa foron utilizados en cursos anteriores e que están esperando que o alumnado os poña de novo a camiñar e facer diferentes accións!! Ao final da sesión tambén estivemos descubrindo o enorme potencial do Tale-Bot-Pro, que xa se está a usar nas aulas de educación infantil, e tamén con Sphero, unha atractiva bola robótica que permite ao alumnado aprender a programar xogando. O próximo martes 30 abril teremos a segunda e última sesión con Pablo Arribas, que se vai centrar no manexo de drons e no deseño de videoxogos. 










lunes, 22 de abril de 2024

GRAVANDO LOUSA

 Utilización da cortadora-gravadora láser, empréstito do CFR Ferrol, para gravar pezas de lousa para os agasallos ao profesorado do CPI Virxe da Cela participante nesta III Fase do programa Observa-Acción, así como ás 5 mestras do CEIP Pintor Rosales (Madrid) que visitaron o noso centro os días 10 e 11 de abril para realizar a observación. 





martes, 9 de abril de 2024

PRODUTOS AUDIOVISUAIS E EDICIÓN DE VIDEO

O noso centro leva anos apostando polo audiovisual, porque sabemos que é un mundo moi atractivo, tanto para as persoas que o fan como para as persoas que o consumen. Sabemos ademais que é un posible campo profesional que está ofrecendo moitos postos de traballo na actualidade, así que animamos ao noso alumnado a facer uso deste medio. Traballamos todo o proceso, desde o inicio, na elaboración de guións ou storyboars, gravacións, iluminación, son, e todo o proceso de postprodución. No ordenador da Aula de Ferraganchos temos instalado o programa de edición de video Filmora, que ofrece infinitas posibilidades, é moi intuitivo, non da problemas técnicos e que sempre nos da moi bos resultados. Desde sinxelos experimentos de varios segundos realizados íntegramente polo alumnado sen axuda do profesorado, ata productos máis ambiciosos nos que o profesorado fai aportacións e achegas para acadar máis calidade técnica, son moitos os produtos audiovisuais que foron xerados durante este curso académico 2023-2024, que esperamos compartir con toda a comunidade educativa antes de que o curso remate. 






EXPERIMENTANDO CON CHROMA KEY

 O noso centro é moi afortunado por ter desde fai anos unha enorme parede pintada de cor verde para poder facer gravacións e aplicarlle posteriormente as técnicas de Chroma Key. Sabemos que poder poñer fondos diversos e manter ás figuras nos primeiros planos ofrécenos milleiros de posibilidades creativas e os resultados son sempre moi atractivos para o espectador. O alumnado de 3º da ESO na materia de Educación Dixital está a facer experiementos diversos con esta técnica, e isto require traballo e organización previa, xa que é importantísimo ter en conta o encadre, a iluminación, para que despois, no proceso de edición, os resultados sean óptimos. 


CONVIVIMOS COAS TIC

O xoves 25 abril 2024 varias familias asistiron ao obradoiro "Convivimos coas TIC", unha iniciativa para o acompañamento no uso responsable das tecnoloxías de información e comunicación levada a cabo grazas ao apoio da Fundación Ayuda en Acción. A charla estivo impartida por Martín Mejuto, psicólogo que visita o noso centro de maneira quincenal para impartir ao alumnado formación sobre Educación Emocional (actividade tamén promovida pola Fundación Ayuda en Acción). Martín, que xa coñece aos noso fillos/as, deunos claves ás familias para poder regular o uso das novas tecnoloxías entre a rapazada desde o coñecemento, o acompañamento e a confianza. 







jueves, 4 de abril de 2024

EXPERIMENTANDO CON STOP MOTION

Xa de volta das vacacións de Semana Santa damos inicio a este terceiro e último trimestre experimentando coa produción audiovisual e iniciándonos á técnica Stop Motion. O alumnado de 3º da ESO na materia de Educación Dixital poñerá a proba a súa creatividade e dominio técnico tratando de facer animacións mediante a sucesión de imaxes fixas. Utilizaremos a aplicación Stop Motion Studio, instalada nas tabletas do centro, unha das máis sinxelas para iniciarse na creación de películas en stop motion. A aula de Ferraganchos convertiuse nun auténtico plató con diferentes espazos ocupados polas parellas de alumnado que realizan os seus experimentos. 








Formación Maker Store

 Dende o PFPP de Polos Creativos estamos a contar con Carmela de Maker Store Carballo como a nosa formadora. Grazas a ela aprendemos todo o ...