O programa de innovación educativa Polos creativos desenvolverase ao longo deste curso 2023-2024 de xeito gradual, e estará dotado dun completo e moderno equipamento tecnolóxico especializado na adquisición do pensamento computacional e habilidades STEM, de resolución de problemas e creatividade.
O avanzado deseño do mesmo, en forma de módulos complementarios, fomentará no noso alumnado unha aprendizaxe competencial, activa e manipulativa, afondando nos problemas reais que afectan a nosa sociedade e buscando a resolución creativa dos mesmos baixo diferentes olladas.
Recibirán esta dotación todos os centros dependentes da CCEFPU que impartan 2º ciclo de EI, EP ou ESO, así como os centros privados sostidos con fondos públicos nestes niveis educativos.
Este equipamento, que poderá contar cun espazo propio ou usarse de xeito modular en diferentes espazos educativos, estará ao dispor de toda a comunidade: alumnado, docentes, familias e sociedade local; promovendo unha aprendizaxe entre iguais mediante actividades orientadas cara a investigación, a indagación e a creación artística e musical baixo unha colaboración plena entre todos os niveis educativos.
Cada centro contará co equipamento que corresponda aos niveis educativos que imparta e ao número de alumnado en cada un deles. O Polo creativo será unha gran oportunidade de mellora dos centros, un paso máis aló para seguir avanzando cara a dixitalización plena e a transformación educativa dentro da Estratexia de Educación Dixital 2030.
Para acadar o éxito esperado todos os centros contarán co apoio especializado da Rede de Formación do Profesorado e cunha persoa mentora específica que acompañará todo o proceso de implantación e formativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario