Por segundo ano consecutivo participamos na iniciativa "Iniciación Segura á Pegada Dixital" da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que se desenvolve este curso, ao abeiro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e da Estratexia Dixital 2030, para capacitar ao alumnado no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
David López Buscoy foi o engargado de impartir esta charla para o alumnado de 2º, 3º e 4º ESO, o mércores 18 de outubro de 2023 de 12:35 a 14:15
que explicou con detalle aos nosos estudantes moitas claves para seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais. Partindo dos conceptos de identidade dixital e pegada dixital, afondouse na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre os rapaces.
Tamén se ofreceron ferramentas e explicáronse recursos aos que poder acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía. Foi unha charla moi participativa, na que os rapaces e rapazas expuxeron as súas dúbidas e preocupacións. Esperamos que poda ser un punto de partida para inteactuar coa tecnoloxía dun xeito máis sano e seguro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario