martes, 27 de junio de 2023

Videotitorial Abejitas Zum Zum


Velaquí presentámosvos o noso primeiro videotitorial! O traballo do Clube de xogos de mesa ve a luz xunto co alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria, quen amósannos a xogar ao Abejitas Zum Zum. Un xogo para toda a familia e moi divertido. Agardamos que vos guste.



 

miércoles, 7 de junio de 2023

PFPP "A BIBLIOTECA ESCOLAR: ORGANIZACIÓN, XESTIÓN E DINAMIZACIÓN"

Este curso os participantes da liña de formación PFPP "A Biblioteca Escolar: organización, xestión e dinamización" tiñamos moitas inquedanzas sobre diferentes temas que nos permitisen mellorar na dinamización da mesma. 

Por unha banda, quixemos especializarnos no uso do KOHA (o programa de xestión dos fondos da Biblioteca escolar), aprendendo non só a catalogar libros ou revistas, senón outros recursos coma os diferentes xogos de mesa que forman parte de Ferraganchos.

Por outra banda, quixemos afondar no xeito de contar contos, polo que da man de Sabela Gago descubrimos como contar, dramatizar e enganchar ao alumnado no momento de contar. Ademais ensinounos outras ferramentas que lles permitirán ser creadores das súas propias historias.

Para rematar, da man de Aurora (experta en gamificación e dinamización de xogos) aprendemos a empregar e descfutar os nosos xogos: distinguimos que existe a gamificación, a aprendizaxe baseada en xogos e os serius games. Ademais, clasificamos o fondo de xogos co que contamos en Ferraganchos entre xogos narrativos, xogos de lóxica-matemática e xogos para desfrutar.

Estas foron as nosas aprendizaxes para o presente curso, que sen dúbida foron a semente para a creación de diferentes dinámicas que enriqueceron a dinamización da biblioteca como, por exemplo, foi o Clube de Xogos de mesa.

Conto traballado con Sabela Gago


Mural colaborativo no que se promove a creatividade narrativa




jueves, 1 de junio de 2023

POLOS CREATIVOS E STEM

Unha representante do CPI Virxe da Cela participou nas Xornadas de Polos Creativos que tivo lugar no Edificio Fontán da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, venres 2 de xuño de 2023.

Obxectivos: Coñecer e aplicar metodoloxías de aprendizaxe activa; poñer en valor a utilidade das novas ferramentas dixitais na educación e integralas nos nosos sistemas de ensino e aprendizaxe; coñecer novas metodoloxias que lle permita ao alumnado empregar e crear contidos dixitais como forma de aprendizaxe.

Contidos: Metodoloxías didácticas innovadoras en espazos de aprendizaxe; deseño de futuros espazos de aprendizaxe innovadores; estratexias de dinamización en medios virtuais.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/80559/roman-rodriguez-destaca-que-los-polos-creativos-marcaran-antes-despues-educacion



miércoles, 24 de mayo de 2023

FINAL SUPER-RETO DIGICRAFT

Santiago de Compostela, mércores 24 maio 2023. O programa Digicraft, consiste nun plan que dota ás escolas de material tecnolóxico e didáctico, para que o alumnado se achegue ao uso das novas tecnoloxías dende un punto de vista educativo. Dende o comezo do curso, na clase de plástica estivemos seguindo este plan, realizando diversas tarefas propostas polo propio plan, na que o alumnado aprendía a utilizar as diferentes ferramentas tecnolóxicas. A partir do mes de febreiro e ata hoxe, comezamos o Superreto Digicraft, que consiste en aproveitar o aprendido para resolver un reto proposto. Nestes días, o alumnado dos cursos de primaria elaborou unha maqueta propia utilizando as tecnoloxías, intentando resolver o reto presentado.





FORMACIÓN EN FILMORA E CHROMA

O mércores 24 de maio de 2023 tivo lugar a última sesión de formación para o profesorado impartida por Yolanda Castro dentro do PFPP "Medios e recursos dixitais". Nesta xornada abordouse a creación e edición de produtos audiovisuais utilizando o software "Filmora", e incidindo na opción de "Chroma key". 

O profesorado asistente visualizou diferentes productos audiovisuais realizados con este software, e afondou en funcións básicas como cortar, xirar, cambio de velocidade, axuste de cores, brillos, aplicar efectos, modificar e editar o audio. Un punto central desta formación consistiu en descubrir funcións avanzadas como compoñer clips sobrepostos e efectos da pantalla verde, isto é, Chroma Key. 

 



lunes, 22 de mayo de 2023

ENQUISA IMPACTO NO USO E ABUSO DAS TECNOLOXÍAS ENTRE OS/AS ADOLESCENTES

      O pasado 9 de marzo de 2023 realizouse unha charla no CPI Virxe da Cela dirixida ás familias e impardia por Antonio Rial Boubeta. Un número moi significativo de familias acudiron interesados polo tema a tratar: tecnoloxías, infancia, adolescencia, convivencia, adicións. Pais e nais quixeron informarse sobre conductas de risco que poden traer consigo o uso abusivo das tecnoloxías, e quen mellor que Antonio Rial Boubeta para poñer datos sobre a mesa e sembrar dúdidas que den paso á reflexión. Antonio Rial é doctor en Psicoloxía Social e profesor titular da Universidade de Santiago, ademais de técnico da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e experto en metodoloxía de investigación en ciencias sociais e saúde. 

   Tendo esta charla como punto de partida e coa intención de despertar no nos alumnado unha conciencia e hixiene dixital que lles axude a exercer autocontrol nos seus usos das tecnoloxías, o alumnado de 3º da ESO da materia Educación Dixital realizará durante o 3º trimestre unha enquisa para valorar o impacto do uso e abuso das tecnoloxías entre os/as adolescentes do centro. Para elaborar esta enquisa online tilizaranse ferramentas dixitais (formularios Google) e unha vez  recollidos os datos analizaranse e difundiranse entre a comunidade educativa. 



FORMACIÓN EN PANTALLAS INTERACTIVAS

Un grupo de docentes do CPI realizaron unha formación en pantallas dixitais interactivas o luns 22 de maio de 2023, impartida por Antonio Aneiros López, asesor Abalar do CFR de Ferrol. Esta é un punto de partida para poder achegarnos ao uso destes dispositivos e así poderlle sacar o máximo rendemento , xa que a partir de agora que pasarán a formar parte do mobiliario das nosas aulas (material concedido pola administración educativa) e do proceso de ensinanza aprendizaxe do noso alumnado.







Semana de Polos Creativos 25/26

Entre os días 1 e 5 de xuño celebramos no noso centro a Semana de Polos Creativos , unha iniciativa deseñada para achegar ao alumnado e ao p...