O pasado 9 de marzo de 2023 realizouse unha charla no CPI Virxe da Cela dirixida ás familias e impardia por Antonio Rial Boubeta. Un número moi significativo de familias acudiron interesados polo tema a tratar: tecnoloxías, infancia, adolescencia, convivencia, adicións. Pais e nais quixeron informarse sobre conductas de risco que poden traer consigo o uso abusivo das tecnoloxías, e quen mellor que Antonio Rial Boubeta para poñer datos sobre a mesa e sembrar dúdidas que den paso á reflexión. Antonio Rial é doctor en Psicoloxía Social e profesor titular da Universidade de Santiago, ademais de técnico da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e experto en metodoloxía de investigación en ciencias sociais e saúde.
Tendo esta charla como punto de partida e coa intención de despertar no nos alumnado unha conciencia e hixiene dixital que lles axude a exercer autocontrol nos seus usos das tecnoloxías, o alumnado de 3º da ESO da materia Educación Dixital realizará durante o 3º trimestre unha enquisa para valorar o impacto do uso e abuso das tecnoloxías entre os/as adolescentes do centro. Para elaborar esta enquisa online tilizaranse ferramentas dixitais (formularios Google) e unha vez recollidos os datos analizaranse e difundiranse entre a comunidade educativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario