Un ano máis o noso centro comprométese coa educación promovendo unha serie de actividades e accións a celebrar durante o mes de maio, dentro da CME (Campaña Mundial pola Educación). Durante este mes o alumnado dos diferentes cursos da ESO, nas materias de Relixión, Proxecto Competencial e Educación Dixital, elaboraron os guións e gravaron os audios de monográficos radiofónicos asociados á temática abordada este ano, cuxo lema central foi "Acción pola Educación", enfocado na educación dixital en situacións de emerxencia. A creación e difusión de podcasts escolares servirá para que o alumnado do CPI Virxe da Cela poda reflexionar sobre a fenda dixital e amplificar á súas voces na procura na democratización dunha educación universal e de calidade para todos e todas.
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
martes, 12 de mayo de 2026
viernes, 1 de mayo de 2026
Korbo en 3º de Primaria
Os materiais de construción Korbo están presentes tamén nos desdobres de 3º de Educación Primaria, onde o alumnado traballa tanto a partir de modelos propostos como a través da creación libre. Estas actividades permiten experimentar co funcionamento de engrenaxes e mecanismos sinxelos, fomentando a creatividade, o pensamento lóxico e a resolución de problemas de maneira manipulativa e colaborativa.
Material de lacrosse con Impresora 3D
Empregouse a impresora 3D da aula de Polos Creativos para o deseño e elaboración de material deportivo destinado á práctica do lacrosse no centro. Esta iniciativa permitiu dispoñer de recursos específicos para a introdución deste deporte, combinando innovación tecnolóxica e actividade física. A creación deste material contribúe a enriquecer as propostas de educación física, fomentando novas experiencias de aprendizaxe para o alumnado.
Alumnado de Relixión de 6º de primaria na aula de Polos
O alumnado de Relixión de 6º de Educación Primaria achegouse á aula de Polos Creativos para empregar os lapis 3D nunha proposta vinculada á materia. A través desta actividade, puideron deseñar e crear diferentes figuras relacionadas cos contidos traballados na aula, combinando a aprendizaxe curricular co uso de ferramentas tecnolóxicas e fomentando a creatividade, a motricidade fina e a expresión persoal.
jueves, 23 de abril de 2026
XIV DÍA INTERNACIONAL DE RAPAZAS NAS TIC
Alumnado de 3º e 4º da ESO participan na videoconferencia. Aula Ferraganchos. De 11:00 a 12:15
Animado coloquio virtual dende o CESGA dirixido a centros educativos, no que participan 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de primaria e secundaria poderá preguntar todas aquelas inquedanzas e dúbidas sobre os seus eidos profesionais ou as súas motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido.
Este ano contamos con catro investigadoras, unha en simulación computacional, outra en superordenadores, outra en música e computación e finalmente outra en detección precoz do cancro de mama. As catro complementan cos seus perfis diversos unha realidade do mundo profesional na que as tecnoloxías xogan un papel moi importante e as veces non tan "evidente", que seguro despertará a curiosidade das rapazas e rapaces asistentes, e pode abrir novas vocacións cara ao futuro.
A apertura institucional e o coloquio deu comezo ás 11:00, cunha duración de 1 hora e media, ata ás 12:30.
XIV día internacional das rapazas nas TIC
miércoles, 22 de abril de 2026
RADIO: ENTREVISTA A VANESA PORTO
Alumnado de 3º da ESO da materia de Educación Dixital foi o encargado de dar soporte técnico para a gravación de vídeo e de audio das entrevistas do proxecto Buscamos Científicas, promovido polo departamento de Matemáticas. O mércores 22 de abril de 2026, ás 12:15 horas, contamos coa participación de Vanessa Porto González, antiga alumna do CPI Virxe da Cela, que visitou o noso centro para difundir a súa labor como investigadora. O seu traballo, desenvolvido xunto ao CiMUS da Universidade de Santiago de Compostela e a empresa ARJUNA Therapeutics, busca combater o cancro atacando o metabolismo enerxético das células tumorais. no eido Mércores
viernes, 3 de abril de 2026
PRÁCTICAS DE FOTOGRAFÍA
Alumnado de 3º da ESO está a realizar prácticas de fotografía empregando a cámara Canon EOS 200D, unha cámara réflex dixital deseñada especialmente para principiantes e afeccionados que buscan dar o salto desde a fotografía móbil cara a unha calidade profesional. Destaca por ser unha das cámaras réflex máis lixeiras, compactas e doados de usar do mercado.
-
O alumnado de 5º de Educación Infantil está a traballar por Aprendizaxe Baseado en Xogos e tódolos martes adican un ratiño a usar diferente...
-
Entre os días 1 e 5 de xuño celebramos no noso centro a Semana de Polos Creativos , unha iniciativa deseñada para achegar ao alumnado e ao p...
-
O alumnado de infantil, pasouse pola aula de Polos para coñecer a Photon, un robot co que as nenas e nenos se inician na programación de for...

.jpeg)
.jpeg)
