Empregouse a impresora 3D da aula de Polos Creativos para o deseño e elaboración de material deportivo destinado á práctica do lacrosse no centro. Esta iniciativa permitiu dispoñer de recursos específicos para a introdución deste deporte, combinando innovación tecnolóxica e actividade física. A creación deste material contribúe a enriquecer as propostas de educación física, fomentando novas experiencias de aprendizaxe para o alumnado.
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
viernes, 1 de mayo de 2026
Alumnado de Relixión de 6º de primaria na aula de Polos
O alumnado de Relixión de 6º de Educación Primaria achegouse á aula de Polos Creativos para empregar os lapis 3D nunha proposta vinculada á materia. A través desta actividade, puideron deseñar e crear diferentes figuras relacionadas cos contidos traballados na aula, combinando a aprendizaxe curricular co uso de ferramentas tecnolóxicas e fomentando a creatividade, a motricidade fina e a expresión persoal.
jueves, 23 de abril de 2026
XIV DÍA INTERNACIONAL DE RAPAZAS NAS TIC
Alumnado de 3º e 4º da ESO participan na videoconferencia. Aula Ferraganchos. De 11:00 a 12:15
Animado coloquio virtual dende o CESGA dirixido a centros educativos, no que participan 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de primaria e secundaria poderá preguntar todas aquelas inquedanzas e dúbidas sobre os seus eidos profesionais ou as súas motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido.
Este ano contamos con catro investigadoras, unha en simulación computacional, outra en superordenadores, outra en música e computación e finalmente outra en detección precoz do cancro de mama. As catro complementan cos seus perfis diversos unha realidade do mundo profesional na que as tecnoloxías xogan un papel moi importante e as veces non tan "evidente", que seguro despertará a curiosidade das rapazas e rapaces asistentes, e pode abrir novas vocacións cara ao futuro.
A apertura institucional e o coloquio deu comezo ás 11:00, cunha duración de 1 hora e media, ata ás 12:30.
XIV día internacional das rapazas nas TIC
miércoles, 22 de abril de 2026
RADIO: ENTREVISTA A VANESA PORTO
Alumnado de 3º da ESO da materia de Educación Dixital foi o encargado de dar soporte técnico para a gravación de vídeo e de audio das entrevistas do proxecto Buscamos Científicas, promovido polo departamento de Matemáticas. O mércores 22 de abril de 2026, ás 12:15 horas, contamos coa participación de Vanessa Porto González, antiga alumna do CPI Virxe da Cela, que visitou o noso centro para difundir a súa labor como investigadora. O seu traballo, desenvolvido xunto ao CiMUS da Universidade de Santiago de Compostela e a empresa ARJUNA Therapeutics, busca combater o cancro atacando o metabolismo enerxético das células tumorais. no eido Mércores
viernes, 3 de abril de 2026
PRÁCTICAS DE FOTOGRAFÍA
Alumnado de 3º da ESO está a realizar prácticas de fotografía empregando a cámara Canon EOS 200D, unha cámara réflex dixital deseñada especialmente para principiantes e afeccionados que buscan dar o salto desde a fotografía móbil cara a unha calidade profesional. Destaca por ser unha das cámaras réflex máis lixeiras, compactas e doados de usar do mercado.
domingo, 29 de marzo de 2026
VIRXEDACELA SOUND STUDIO
-Ordenador Macbook
-Tarxeta M-Track
-Micrófono Shure
-Cableado (cables XLR e Jack)
-Auriculares de estudo.
-Software de edición (DAW) GarageBand (gratuíto en Mac)
E agora... a gravar... Estamos facendo os primeiros experimentos cun interesante Rap adicado a Rosalía de Castro e composto con intelixencia artificial... Cal será o resultado??
miércoles, 25 de marzo de 2026
RADIO: ENTREVISTA A ANA FERNANDEZ BALO
Mércores 25 marzo 2026. O grupo de 3º da ESO realiza unha entrevista radiofónica a Ana Fernandez Balo, profesional do campo da saúde que vive na nosa comarca. Esta entrevista forma parte dun proxecto de investigación sobre mulleres vinculadas coa ciencia, coordinado polo departamento de matemáticas, baixo o título "Buscamos Científicas". O alumnado de 3º que cursa a materia de Educación Dixital e Proxecto Competencial encargouse da parte técnica da gravación de imaxe e son.
Semana de Polos Creativos 25/26
Entre os días 1 e 5 de xuño celebramos no noso centro a Semana de Polos Creativos , unha iniciativa deseñada para achegar ao alumnado e ao p...
-
O alumnado de infantil, pasouse pola aula de Polos para coñecer a Photon, un robot co que as nenas e nenos se inician na programación de for...
-
O alumnado de 5º de Educación Infantil está a traballar por Aprendizaxe Baseado en Xogos e tódolos martes adican un ratiño a usar diferente...
-
O alumnado de infantil continúa practicando a programación para favorecer o desenvolvemento do pensamento computacional: De forma conectad...
.jpeg)
.jpeg)

