Eva Leira Bouzamayor, docente de tecnoloxía no IES Sofía Casanova de Ferrol, estivo no CPI Virxe da Cela o martes 5 marzo de 2024 para impartir o primeiro dos dous obradoiros de formación para o profesorado en torno ao E-Téxtil. Esta formación está integrada na liña PFPP de Polos Creativos, na que participa profesorado dos tres niveis educativos: educación infantil, educación primaria e ESO. Comezando por softcirtuits e paper circuits e rematando por e-textiles, as dúas horas e media desta sesión de formación pasaron voando, experimentando con circuitos electrónicos básicos, fíos conductivos, diodos led, recortando, pegando e cosendo, como nun faladoiro de amigos/as. Esperamos poder poñer en práctica co noso alumnado todo o aprendido e poder seguir avanzando na experimentación antes da segunda sesión de formación, marcada para o martes 7 de maio.
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
martes, 5 de marzo de 2024
viernes, 1 de marzo de 2024
jueves, 29 de febrero de 2024
1º SESIÓN FORMACIÓN TÉCNICA PARA COORDINADORES POLOS CREATIVOS. CFR FERROL
Venres 1 de marzo de 2024, de 16:00 a 20:00. CFR Ferrol
Nos Centros de Formación e Recursos de referencia de cada centro educativo aprenderás a usar os elementos do Polo Creativo a través dun proxecto educativo sinxelo como eixo condutor da aprendizaxe. Serán pequenos obradoiros acerca de corte láser, electricidade, téxtiles, programación, audiovisuais, edición, posprocesado 3D, etc. Todo con carácter práctico e transferible á práctica de aula. Nesta sección tes dispoñible toda a información que precisas para desenvolver exitosamente os obradoiros.
O profesorado deberá asistir a un total de 8h de formación técnica no seu CFR. En Ferrol, estas 8h distribuiranse en dous venres do mes de marzo, de 16:00 a 20:00 cada un, nos que se desenvolverán varios obradoiros prácticos de 2h de duración cada un.
DATAS: 1/03/2024 e 8/03/2024
HORARIO: de 16:00 a 20:00h
O primeiro venres o profesorado realizará dous obradoiros e o seguinte venres, os outros dous. As persoas asistentes seredes distribuídas en grupos no CFR para que, ao final dos dous venres, todos/as teñades pasado por todos os obradoiros. As temáticas e persoas relatoras dos mesmos serán:
- Deseño e impresión 3D con Mª de los Reyes Montero.
- Deseño vectorial, plotter de corte e cortadora láser con Rebeca Blanco.
- Programación: placa programable Micro:bit con Eva Mª Leira.
- Audiovisuais: chroma e stop motion (empregando dispositivos móbiles) con Lucas Rey.
KITS SINGULARES POLOS CREATIVOS: AUTÓMATAS DE PAPEL
O venres 23 de febreiro de 2024 o comedor escolar converteuse nun espacio creativo, onde o alumnado de 3º de educación primaria segueu avanzando na elaboración de propostas de autómatas de papel utilizando os Kits Singulares de Polos Creativos. Estes materiais complementarios están a disposición do profesorado do centro, e en concreto este de automatismos, está composto por contidos creados por Rob Ives, docente e deseñador de modelos en papel e cartón. Despois de anos na docencia comeza a escribir libros amosando todas as súas creacións. Nestas propostas combina os seus deseños orixinais coas máquinas simples e mecanismos.
miércoles, 28 de febrero de 2024
CHARLA INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL
Mércores 28 de febreiro 2024, UUMM, de 12:35 a 14:15. Alumnado de 2º, 3º e 4º ESO. David López Sánchez, AMTEGA. Charla "Iniciación segura á pegada dixital"
Hoxe David López deunos unha charla sobre a pegada dixital. Explicounos un pouco sobre a seguridade nas redes sociais, como Whatsapp ou Instagram. Preguntounos cantas contas tiñamos e asesorounos para non aceptar a xente que non coñecemos ou que sexan "amigos dun amigo". Tamén falou sobre o BeReal e Tik Tok, e advertiunos dos seus perigos, xa que había xente que facía retos que lle causaban a morte, como lle aconteceu recentemente a una nena de 8 anos en Perú. David explicounos a Lei de Protección de Datos, para que a tiveramos en conta, e animounos a facer Ego-surfing, isto é, buscarse a si mismo en Google, para saber si aparece información nosa de carácter persoal. Deunos tamén algún truquiño, como encontrar o teléfono móbil se o pertemos entrando no buzón de entrada do correo. E falounos dos electrodomésticos que teñen wifi como as neveiras que se as chegan a hackear poden explotar. Eva Olmedo. 3º ESO
martes, 27 de febrero de 2024
QUINTA SESIÓN FORMACIÓN DIGICRAFT
Luns 26 de febreiro 2024. Sesión online de formación ao profesorado participante no Programa Digicraft. Programación.
Semana de Polos Creativos 25/26
Entre os días 1 e 5 de xuño celebramos no noso centro a Semana de Polos Creativos , unha iniciativa deseñada para achegar ao alumnado e ao p...
-
O alumnado de infantil, pasouse pola aula de Polos para coñecer a Photon, un robot co que as nenas e nenos se inician na programación de for...
-
O alumnado de 5º de Educación Infantil está a traballar por Aprendizaxe Baseado en Xogos e tódolos martes adican un ratiño a usar diferente...
-
O alumnado de infantil continúa practicando a programación para favorecer o desenvolvemento do pensamento computacional: De forma conectad...





