Eva Leira Bouzamayor, docente de tecnoloxía no IES Sofía Casanova de Ferrol, estivo no CPI Virxe da Cela o martes 5 marzo de 2024 para impartir o primeiro dos dous obradoiros de formación para o profesorado en torno ao E-Téxtil. Esta formación está integrada na liña PFPP de Polos Creativos, na que participa profesorado dos tres niveis educativos: educación infantil, educación primaria e ESO. Comezando por softcirtuits e paper circuits e rematando por e-textiles, as dúas horas e media desta sesión de formación pasaron voando, experimentando con circuitos electrónicos básicos, fíos conductivos, diodos led, recortando, pegando e cosendo, como nun faladoiro de amigos/as. Esperamos poder poñer en práctica co noso alumnado todo o aprendido e poder seguir avanzando na experimentación antes da segunda sesión de formación, marcada para o martes 7 de maio.
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL
Mércores 27 novembro 2024. Este programa institucional (Xunta de Galicia) que ten como obxectivo capacitar ao alumnado no uso responsable ...
-
Outro curso máis, durante os leceres de comedor, o alumnado (de 4º EP a 4º ESO) tivo a posibilidade de desfrutar quincenalmente das xuntanz...
-
Outra parte fundamental que se intenta dinamizar a través do Clube de Xogos de mesa, é a creación de contido audiovisual en galego. Por iso,...
-
Eva Leira Bouzamayor, docente de tecnoloxía no IES Sofía Casanova de Ferrol, estivo no CPI Virxe da Cela o martes 5 marzo de 2024 para impar...
No hay comentarios:
Publicar un comentario