O noso centro acaba de mercar materiais educativos para traballar a robótica en idades temperás. Xa está a disposición das mestras de infantil, que en breves experimentarán co robot Tale-Bot Pro cos máis pequenos e pequenas do cole. Este robot ten infinidade de aplicacións didácticas, non so para o pensamento computacional, senón incluso para aprender inglés!!
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
lunes, 5 de febrero de 2024
lunes, 29 de enero de 2024
VIII CONCURSO LITERARIO INFANTIL E XUVENIL SOBRE A PROTECCIÓN DE DATOS
Desde o Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, convocamos o VIII Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos con motivo do Día Europeo da Protección de Datos (celebrado onte domingo, 28 de xaneiro). Está dirixido a nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria e alumnas e alumnos de 1º a 4º de ESO. O alumnado poderá presentar os seus traballos literarios ata o 28 de febreiro.
Bases VIII Concurso Proteccion Datos 2024 by veracruces on Scribd
CURSOS NOVAS TECNOLOXÍAS AULA CEMIT BETANZOS FEBREIRO 2024
Difundimos as actividades de formación en torno ás novas tecnoloxías que oferta a Aula CEMIT do Concello de Betanzos.
viernes, 26 de enero de 2024
OBRADOIRO DE RADIO CON AGARESO
Neste segundo trimestre damos comezo ás formacións en radio a cargo de AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). O venres 26 xaneiro 2024 o alumnado de 3º e 4º de EP tiveron a oportunidade de facer un interesante obradoiro centrado nos efectos de son con Rocío Cadahía Fernández, especialista en comunicación para o desenvolvemento con experiencia internacional, escritora de uións para spots, cuñas e documentais de temática social e formadora en técnicas radiofónicas e sensibilización.
martes, 23 de enero de 2024
CORTADORA E GRAVADORA LÁSER
Xa temos á nosa disposición a esperada cortadora e gravadora láser, recién montada na aula de tecnoloxía. Esperamos que en breves o alumnado e o profesorado poda xa facer uso desta ferramenta tecnolóxica que ten un amplo abano de usos didácticos. Próximamente o profesorado do centro terá a oportunidade de realizar unha formación sobre o uso e aplicacións desta cortadora e gravadora láser, dentro do PFPP Polos Creativos, da man de relatores expertos recomendados polo CFR de Ferrol.
lunes, 8 de enero de 2024
GRAVACIÓN E EDICIÓN DE AUDIO CON AUDACITY
Semana de Polos Creativos 25/26
Entre os días 1 e 5 de xuño celebramos no noso centro a Semana de Polos Creativos , unha iniciativa deseñada para achegar ao alumnado e ao p...
-
O alumnado de infantil, pasouse pola aula de Polos para coñecer a Photon, un robot co que as nenas e nenos se inician na programación de for...
-
O alumnado de 5º de Educación Infantil está a traballar por Aprendizaxe Baseado en Xogos e tódolos martes adican un ratiño a usar diferente...
-
O alumnado de infantil continúa practicando a programación para favorecer o desenvolvemento do pensamento computacional: De forma conectad...


