viernes, 26 de enero de 2024

OBRADOIRO DE RADIO CON AGARESO

Neste segundo trimestre damos comezo ás formacións en radio a cargo de AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). O venres 26 xaneiro 2024 o alumnado de 3º e 4º de EP tiveron a oportunidade de facer un interesante obradoiro centrado nos efectos de son con Rocío Cadahía Fernández, especialista en comunicación para o desenvolvemento con experiencia internacional, escritora de uións para spots, cuñas e documentais de temática social e formadora en técnicas radiofónicas e sensibilización. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

FERRAMENTAS DE EDICIÓN DE AUDIO: AUDACITY

 Alumnado de 1º de ESO do CPI Virxe da Cela animouse a aprender os rudimentos técnicos para edición do son, e deste xeito, ser eles mesmos/a...