O pasado 16 e 17 de decembro, o alumnado de infantil e de 3º e 4º da ESO, acompañados das súas mestras, fixeron unha visita ao Centro de día O Xestal para pasar un tempo agradable e intercambiar experiencias interxeracionais.
Para agradecerlles este tempo xuntas/os, elaboramos diferentes xogos de mesa coa Impresora 3D (3 en raia, tabas, soportes para cartas e pezas de dominó...) e decoramos e gravamos adornos personalizados co nome de cada unha das persoas usuarias do centro empregando a cortadora láser MrBeam. Ademais, estreamos a Plotter de corte "Silhouette Cameo 5" para deseñar a bolsa dos xogos de mesa.






No hay comentarios:
Publicar un comentario